Xa están colgadas na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública as Instrucións de 27 de xuño sobre a xornada de traballo de verán do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Durante o período abranguido entre o 1 de xullo e o 14 de setembro de 2012, ambos inclusive, establécese unha xornada de traballo intensiva a razón de seis horas continuadas de traballo, entre as oito horas e trinta minutos e as catorce horas e trinta minutos, de luns a venres, agás no caso do persoal sometido a reximes especiais de horario ou ao que non se lle aplicaba o horairo de verán.

A xornada de verán para 2012 foi aprobada na Comisión de Persoal do vernes 22 de xuño coa abstención dos catro sindicatos representativos.

Desde a CIG non podemos votar en contra porque non rexeitamos a xornada de verán. Porén, tampouco podemos votar a favor, porque se perde medio mes respecto doutros anos, deixando de abranguer  a totalidade do período de vacacións dos fillos/as;  non se lle aplica á totalidade do persoal; non se compensa ao persoal ao que non se lle pode aplicar pola natureza do posto de traballo; por último, non se regula o horario de verán mediante unha norma de carácter permanente que non nos obrigue a negociar cada ano.

Descargar as Instrucións sobre xornada de verán