A Dirección Xeral da Función Pública vén de convocar unha Comisión de Persoal extraordinaria para o vindeiro martes 3 de xullo de 2012.

Na orde do día, consta como punto único a Relación de Postos de Traballo de persoal laboral do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, da Consellería do Medio Rural e do Mar, tratada na xuntanza de 25/06/2012.

Podedes achegar as vosas consideracións ao enderezo de correo autonomica@cigadmon.gal ou a través deste formulario web.

Descargar a documentación da Comisión de Persoal Extraordinaria