Novas por contido

Coa entrada da época de máximo risco de incendios forestais, establecida para o período comprendido entre o 1 de Xullo e o 30 de Setembro (DOG 15/06/2012), en condicións normais, debería estar operativo todo o dispositivo contra incendios recollido no Pladiga 2012.

A CIG denuncia que a día 1 de Xullo non está contratado o reforzo do verán para a campaña contra incendios como consecuencia da falla de previsión, organización e programación por parte da Conselleria do Medio Rural e do Mar. Nesta derradeira semana do mes de xuño mantivemos xuntanzas coa Conselleria do Medio Rural e do Mar onde nos deron explicacións da creación de 436 postos de traballo. Segundo os datos publicados na páxina web de Medio Rural e do Mar as contratacións directas ascenderían a 738 postos, polo que nos atopamos cunha dimunición de 302 contratacións.

 

Desde a CIG consideramos un acto dunha irresponsabilidade total dado que estamos falando dunha diminución dun 41% de efectivos respecto ao que figura no Plan prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia 2012. De momento tampouco temos noticias da propia Secretaria Xeral de Medio Rural e Montes do que vai acontecer coas citadas 302 contratacións. A CIG espera que antes do remate do verán nos den contestación a disminución de medios para a loita contra os incendios forestais no comenzo da campaña.

A CIG insiste na torpeza que cometeu e está acometer a Conselleria do Medio Rural e do Mar coa planificación do dispositivo contra incendios para o verán do 2012, atopándonos ao comenzo da campaña do verán sen ningún medio adicional a maiores para a loita contra os lumes. A CIG denuncia tamén que as contratacións que terá previsto realizar Medio Rural e do Mar non serán efectivas ata polo menos a mediados do mes de xullo, dado os trámites administrativos polos cales deberán pasar os 436 postos a crear na relación de postos de traballo da conselleria. Xa que logo, tanto os nosos montes coma as persoas que traballan diariamente no operativo público contra incendios da Xunta de Galicia están a correr un risco maior para as súas vidas, dado coma estamos a decir, pola tan cacarexada e demostrada falta de medios para a campaña de máximo risco de incendios forestais.

A CIG esíxelle a Medio Rural e Mar a contratación urxente dos medios recollidos no Pladiga 2012, para desta maneira salvagardar o medio natural do noso país galego ante os delicuentes que lle meten lume aos montes. Da mesma maneira, a CIG demanda un incremento no período de prestación do persoal a contratar como consecuencia da creación de postos de traballo en RPT de cara a garantir os obxectivos previstos nas labouras de prevención, desta volta conquerindo os obxectivos en materia de prevención.

Nota remitida aos medios

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...