CIG, UGT, CCOO e CSIF, esixen que o goberno do Partido Popular cumpra o seu Programa Electoral no relativo ós compromisos adquiridos co Servicio Público de Prevención, Defensa e Extinción de Incendios Forestais de Galicia (SPDCIF) e PLADIGA: mando único, reforzamendo do caracter público do servicio e contratacións do persoal polas listas públicas e oficiais da Xunta de Galicia. CIG, UGT, CCOO e CSIF rexeitan a decisión do novo goberno de seguir empregando SEAGA en determinadas xestións e actuacións de PREVENCIÓN, DEFENSA e EXTINCIÓN de INCENDIOS FORESTAIS no 2009. CIG, UGT, CCOO e CSIF, lamentan e rexeitan que o goberno do Partido Popular decidira incumprir o seu propio Programa Electoral contratando o operativo do Reforzo de Verán de 2009 a través de SEAGA cando prometeran o contrario.

CIG, UGT, CCOO e CSIF infórmanlle á opinión pública que esta  decisión do Partido Popular ocasiona graves prexuízos operativos para o SPDCIF, impide a contratación de centos de traballadores que integran actualmente as Listas Públicas de Contratacións Temporais da Xunta de Galicia (PLADIGAs).

 

CIG, UGT, CCOO e CSIF denuncian que coa contratación dos traballadores do reforzo de verán de 2009 ó marxe das Listas Públicas, favorécese:

  • O oscurantismo fronte á transparencia nas contratacións do persoal.

  • A precariedade laboral fronte á profesionalización.

  • O incumprimento electoral fronte ó compromiso cos cidadáns e cos traballadores do SPDCIF e PLADIGA.


CIG, UGT, CCOO e CSIF advirten que seguirán combatendo esta decisión incoherente e inxustificada coas mobilizacións e medios legais que sexan precisos ata conseguir que o goberno cumpra os seus compromisos.

CIG, UGT, CCOO e CSIF ESIXENLLE Ó PARTIDO POPULAR O CUMPRIMENTO DO SEU PROGRAMA ELECTORAL:

  • REFORZAMENTO do CARÁCTER PÚBLICO do Servizo de Prevención, Defensa e Extinción de Incendios Forestais (SPDCIF).

  • CONTRATACIÓN de tódolos traballadores de Prevención, Defensa e Extinción de Incendios Forestais (SPDCIF e PLADIGA) a través das Listas Oficiais de Contratacións da Xunta de Galicia.

 

MANIFESTACIÓN o mércores 17 de xuño ás 11:00 horas en San Caetano. Haberá buses dende todas as comarcas.

Organización dos buses:

  • A Coruña: CSIF
  • Lugo: CIG
  • Ourense: CCOO
  • Pontevedra: UGT