Novas por contido

O martes, 26 de xuño, tivo luagar unha reunión coa consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestuturas e coa consellaría de Medio Rural. A dita reunión foi solicitada conxuntamente polas organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT para tratar a situación do colectivo de Axentes Forestais e Axentes Facultativos Medioambientais. As posicións defendidas foron consensuadas polas tres organizacións sindicais.

Os temas que se trataron foron,entre outros, os seguintes: 

  • A convocatoria de 20 prazas de Axente Facultativo Mediomabiental publicadas na oferta de emprego público para o ano 2009

  • O proceso de integración previsto para o pase ao Grupo C1 do persoal que na actualidade segue no Grupo C2, segundo o disposto na Lei 15/2010

  • Acordo de condicións de traballo (2004) que regula a organización da escala de Axentes Forestais


Procesos selectivos pendentes

Se lle demanda a convocatoria de 20 prazas de Axente Facultativo Mediomabiental publicadas na oferta de emprego público para o ano 2009 (DOG 18/11/2009). Por parte das consellerías din que non hai ningún problema en que se convoquen as prazas, pero este tema non o poden zanxar posto que non depende deles. A Consellería de Medio Rural dinos que o ano pasado, a petición de Función Pública, xa lle enviaron un borrador cos temarios para esta convocatoria. Instamos a que falen con Función Pública para que saquen a convocatoria. Comprométense a facelo.

Proceso de integración

Solicítase que se incie o proceso de integración previsto para a integración no Grupo C1 do persoal que na actualidade segue no Grupo C2, segundo o disposto na Lei 15/2010, de 28 de decembro. Como no tema anterior as consellerías din que iso non depende delas, que é un tema de Función Pública. As organizacións recordámoslles que quedan entre 60 e 70 persoas sen pasar ó grupo C1 e que se ten que facer unha convocatoria para o proceso de integración no ano 2013 e que isto para nos é algo prioritario. Comprométense tamén a falalo con Función Pública.


Acordo de condicións de traballo (2004) que regula a organización da escala de Axentes Forestais.


A Administración entende que o Acordo está caducado pero tamén entende que a Orde pola que se publicou o acordo está en vigor. As organizacións explicámoslles que para nós si que estaba caducado e que non pode ocurrir máis o que ocurríu o ano pasado no mes de outubro, cando prolongaron o período extraordinario de traballo de xeito ilegal. Nos contestan que foi legal e que se respostaron os recursos de alzada dando a razón á Administración.

As organización sindicais puxemos de manifesto que os axentes o que queremos é o recoñecemento social e profesional polo noso traballo, non só o económico, posto que o que nos corresponde por esos días a maiores é unha miseria, e recordamos que a outros colectivos se lle prolongou o período de gardas cunha previa negociación, que iso era o que tamén se debería ter feito no noso caso se o Acordo o permitise. Informáronnos de que farán o pago das gardas de outubro próximamente, pero que para poder facelo teñen que facer unha tramitación de imprevistos, e tena que aprobar o Consello da Xunta.

Despoís dunha longa discusión e un tira e afrouxa onde o representante da Consellaría de Medio Ambiente nos dixo que lle parecía que non era o mellor momento para negociar o acordo posto que podíamos salir perdendo.


Regulamento do grupo C1 para os Axentes Facultativos Medioambientais

As organizacións sindicais comentámoslles o que a maior parte do colectivo estamos a traballar sen un regulamento que regule as funcións e que xa se lle enviou en varias ocasións propostas de regulamento por parte das organización sindicais. Contestan que si, que se ten que facer, pero que toda normativa ten que adaptarse a LOXFAGA (Lei na que se regula o procedemento de elaboración da normativa). Polo que en todo caso, faría a Administración un borrador de regulamento e despois se farían as alegacións oportunas para poder redactar un novo regulamento.

Comité de seguridade e saúde laboral

Solicitamos a creación dunha Comisión mixta onde se traten as cuestiónns relacionadas coa seguridade e saúde dos Axentes Forestais e dos Axentes facultativos Medioambientais de maneira conxunta, xa que agora, ao estar encadrados en dúas consellerías distintas pertencemos a dous Comités que non teñen contacto un co outro. Porén, o traballo á realizar é tan similar que máis ben é idéntico ao haber traspaso de persoal dunha consellería a outra, e o mesmo courre no caso de comisión de servizo ou concurso de traslados.

Credenciais

Esiximos que se entreguen as credenciais xa, posto que hai maís de 100 compañeiros que carecen de praca identificativa. Comentan que esta próximo a entregar nas próximas semanas e recalcamos que isto xa o levan dito moitas veces. A Consellaría de Medio Rural cóntanos que non se entregaron antes por que están redactando unha Orde de acreditacións para todos os corpos de persoal funcionario da Xunta de Galiza que realicen labores de inspección e teñen que axustarse ao que poña dita Orde.

Vacantes

Esiximos que se cubran todas as vacantes posto que somos un colectivo de emerxencia. Contestan que si que van cubrir as vacantes, en breve solicitaron a cobertura de 4 Axentes: dous na comarca de Verín e dous na comarca de Viana. Ademáis da cobertura destas vanse cubrir máis vacantes en función das necesidades das comarcas forestais.

Neste momento na Consellería do Medio Rural e do Mar hai 22 prazas libres sen ocupar por nadie, que son as seguintes:

  • 2 Axentes comarca forestal Baixo miño
  • 1 Axente comarca forestal O Condado
  • 1 Axente comarca forestal Terra de Lemos
  • 1 Axente comarca forestal A Mariña Occidental
  • 1 Axente comarca forestal Ordes Santiago
  • 1 Axente zonal comarca forestal Ferrol
  • 1 Axente Territorial comarca forestal Ferrol
  • 2 Axentes 1 Axente zonal comarca forestal a Limia.
  • 1 Axente comarca forestal Baixa limia
  • 1 Axente 1 Axente zonal e 1 Axente Territorial comarca forestal Viana
  • 1 Axente e 1 Axente Zonal comarca forestal Verín
  • 1 Axente comarca forestal Valdeorras
  • 1 Axente Zonal comarca forestal Celanova


Por parte das organizacións instamos a que saquen primeiro as prazas por comisión de servizo e se non as quere ningún persoal funcionario a que as cubran con persoal interino. Explicamos  que no caso de Ourense ós axentes non se lles autoriza ningunha comisión por non ser cubertas a posteriori. Solicitamos isto como parche mentres non se convoque un concurso de traslados, pero deixamos claro que a nosa petición é a de convocatoria dun concurso de traslados o antes posible.


Asignación dos Axentes do Servizo de Conservación a incendios

Coméntannos as dúas consellerías que non teñen constancia de que estean solicitados. Exponse que se é necesario pasar ós Axentes de Conservación a incendios que sexa dunha forma regulada e mediante unha asdcripción. Pedimos que non se faga a dedo, que pasen todos dun xeito rotativo, que non pasen sempre os mesmos e que cando pasen que se lles dean os EPIs correspondentes e material adecuado.

Inclusión dos rotativos V-1 nos coches dos Axentes para que sexan vehículos de emerxencia

Solicitamos que todos os coches sexan os mesmos e que se renove a frota. Comentan que en Medio Rural se van a quitar coches posto que nalgúns distritos o ratio é dun vehículo por Axente. Nos dixeron que estudarían o dos rotativos.


Consulta na elaboración de proxectos lexislativos

As organizacións sindicais pedimos que cando se elaboren leis que teñan que ser apricadas polos Axentes Forestais e Axentes Facultativos Medioambientais que se escoiten as nosas propostas, que non pase o que pasou coa lei de montes e a de caza onde non se tiveron en conta para nada os Axentes Forestais e Medioambientais.

Inclusión dos axentes no 112.

Solicitamos a inclusión do corpo de Axentes Facultativos Medioambientais e Axentes Forestais nos protocolos de avisos do 112. Dixeron que o ían a mirar pero que podería ser factible.

Recoñecemento do traballo

Insístese na necesidade do recoñecemento do traballo dos Axentes Forestais e Mediomabientais e ponse de manifesto o noso malestar polo sucedido en lumes como o das Fragas do Eume, onde so parece que traballa a UME, e no que se levaron as medallas da investigación o Seprona cando os Axentes BIIF fixeron a investigación. O mesmo ocorre no ámbito de Conservación da Natureza onde se ningunean as nosas funcións e obrigas legais derivando o traballo cara outros corpos alleos á Administración autonómica.

Por último, recórdase de que reunións coma estas teñenas que convocar máis a miudo e non unha reunión cada ano, así como facer máis mesas de traballo. Recálcase que os temas de maior importancia para o colectivo entendemos que son os puntos 1, 2, 4 e 7.

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...
Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...