Novas por contido

Na Comisión de Persoal do martes, 3 de xullo, ía un único punto do día para votar: a modificación da RPT de Medio Rural con relación ás contratacións de verán do persoal de incendios. Ao remate, o director xeral de Función Pública deu información sobre:

  • o concurso de persoal laboral grupo I-IV

  • o cambio de categoría do persoal laboral grupo V

  • as listas de contratacións de incendios.

RPT de Medio Rural (persoal de incendios)

A CIG manifesta o seguinte:

  • Estamos dacordo coa creación de postos de traballo, pero no número das efectuadas no ano 2011 (738), non nas actuais 436.

  • Aceptariamos non menos de seis meses de traballo ininterrumpidos.

  • Rexeitamos a modificación no apartado de “observacións” da RPT que permite que as contratacións sexan individualizadas dependendo da planificación da campaña.

  • Esta creación é precarizar o emprego público, unha escravitude.

Votamos en contra. O resto das centrais sindicais tamén votan en contra.


Ao remate, o director xeral de Función Pública comentou o seguinte:

  • Concurso laborais I a IV: houbo 30 reclamacións previas á vía xudicial solicitando a retirada de postos (disposición transitaria 14) das que estiman só unha (de código PR3994080115001.011 – técnico auxiliar de imaxe no CGAI na Coruña); publicarán no DOG a estimación da reclamación. Listas de persoas admitidas/excluidas no DOG o 12 de xullo. Houbo 653 solicitudes. Excluen provisionalmente a 52.

  • Cambio categoría do grupo V: sairá no DOG en xullo. Participan 260 dos que 103 cumpren as condicións ou existen postos.

  • Listas contratación incendios: a modalidade de contratación será a de fixos discontinuos, están estudando a posibilidade de considerar os postos “non vacantes” aos efectos do artigo 15 do decreto 37/2006 (decreto de listas) para permitir opción a vacante (non hai obxeccións por parte de Medio Rural nin de Función Pública). Caso de renunciar ás prazas entón haberá penalización. En un ou dous días comunicarano aos sindicatos. A xuntanza prevista para mañá segue.

 

Outras novas recentes

Venres, 12 Abril 2024

Emendas da CIG ás leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais

Dende a CIG, e con ánimo de mellorar os textos dos proxectos de leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais, enviamos aos grupos parlamentares do Congreso as nosas achegas a estes documentos dentro da fase de emendas. Para nós estes textos son claramente mellorables porque poden chegar a limitar o ámbito de actuación e funcións de...
Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.