O mércores, 4 de xullo, tivo lugar unha xuntanza coa Consellaría de Medio Rural e Mar para tratar cuestións relativas ás contratacións dos reforzos de verán do persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF). A consellaría informou que:

  • ten previsto darlle cobertura canto antes a 44 postos vacantes nas seguintes categorías: peón, peón conductor, emisorista, vixiante fixo e conductor motobomba.

  • teñen 28 sentenzas de indefinición para executar provisionalmente nos vindeiros dias, para os cales lles ofertarán os postos que se van crear coa modificación da RPT nas categorias de: conductor motobomba, emisorista, peón e vixiante fixo.

  • o luns, 9 de xullo, publicase no DOG a modificación da RPT, e a partires da publicación daránlle cobertura ás vacantes e facer os chamamentos para os 436 postos creados.

As citacións realizaránas na semana vindeira (por Postal Express) e os actos de adxudicación de postos están previstos para o 12 e 13 de xullo; o comenzo na actividade laboral será como moi tarde o día 20 de xullo. No primeiro día de adxudicacións chamarán polas categorias dos grupos I, II, III e IV, e queda para o día seguinte as categorias pertencentes ao grupo V de persoal laboral. Confirmou tamén a conselleria que as renuncias que se produzan están consideradas “sen efecto”, no caso de estar a persoa aspirante en dous chamamentos.

A persoa representante da Dirección Xeral da Función Pública, pola súa parte, manifestou que están pendentes da contestación dos asesores xurídicos onde lles determinen cal será o mellor camiño a seguir para a adxudicación dos postos a crear en RPT, aínda que son partidarios de facer os ditos chamamentos pola orden NON VACANTE, dacordo co establecido no artigo 15º do Decreto 37/2006. No dito artigo establécese que unha praza vacante é aquela que careza de titular, excepto as prazas de persoal laboral con xornada igual ou inferior a media xornada en cómputo semanal. Os contratos de traballo para as persoas adxudicatarias dos 436 postos terán unha duración de 3 meses.

Desde a CIG:

  • Solicitamos copias das sentenzas de indefinición para ter constancia exacta do que recollen os fallos.

  • Non estamos dacordo coa adxudicación ás 28 persoas con sentenza de indefinición de postos recollidos dentro dos 436 que se crearán pola modificación da RPT da campaña de verán, senón que deberían crear tantos postos novos coma sentenzas existen.

  • No tocante as adxudicacións dos 436 postos nas distintas categorias profesionais do SPDCIF e recollidas no Decreto 37/2006, entendemos que a orde pola que se deben facer os chamamentos é a de NON VACANTE, entendendo que é pola que menos perxuizo pode chegar a ocasionar aos integrantes das listas en cuestión.

  • Solicitamos asimesmo, a cobertura definitiva dos postos a crear como consecuencia da modificación da RPT, dacordo co recollido no V Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galiza.

  • Demandamos que se creen o resto de postos, recollidos no Pladiga 2012 no apartado de contratacións directas (contratacións polas listas oficiais da Xunta de Galiza), ata chegar aos 738.

Con relación ao último punto desde a CIG seguimos sen saber nada, mellor dito, as propias persoas representantes da propia conselleria nas diferentes xuntanzas que houbo nestes días non teñen coñecemento exacto do que vai pasar con elas. Parece ser que a única persoa do Medio Rural e do Mar que sabe que vai acontecer con estes postos é o propio Secretario Xeral de Medio Rural e Montes, ó cal por certo, non da señais de vida, aínda que está previsto, segundo dirixentes da propia conselleria, manter unha xuntanza coas organizacións sindicais para expoñer os números exactos das contratacións.