Novas por contido

A falta dunha quenda separada provocará que as prazas reservadas para promoción interna se acumulen á quenda de acceso libre. Porén, cando as convocatorias son separadas, estas quedan relegadas no esquecemento como sucedeu coas prazas de corpos xerais da OPE 2009

Logo de ter denunciado o terceiro exercicio deste proceso selectivo, logo de que puxésemos, dende a CIG, de manifesto varias circunstancias que facían pensar que as probas non tiñan toda a obxectividade que se requiren, principalmente no terceiro exercicio, aparécenos a resolución desta última proba e vemos que non aprobou ninguén por promoción interna, a pesar de que estaban reservadas dúas prazas, o mínimo que indica a lei.

Dá a impresión de que o traballo que se fai na Administración non vale para nada, xa que tampouco se contemplou un mínimo de fase de concurso. Cando menos o que si nos parece un escándalo é este xeito de chamarnos parvos ao persoal funcionarios da Xunta, que nunha promoción interna non hai ninguén co nível suficiente para cubrir algunha das prazas. Non haberá interese en facelo así para deixar prazas vacantes e logo traer empresas privadas, algo moi usual no mundo das Tecnoloxías  de Informática e das Comunicacións na Xunta? E logo escoitamos a algún alto cargo dicindo por aí que o persoal propio da Xunta non se esforza dabondo...

O artigo 18.4 do EBEP di: "As Administracións Públicas adoptarán medidas que incentiven a participación do seu persoal nos procesos selectivos de promoción interna e para a progresión na carreira profesional". Así mesmo, o artigo 61.2 da dita norma: "Os procedementos de selección coidarán especialmente a conexión entre o tipo de probas a superar e a adecuación ao desempeño das tarefas dos postos de traballo convocados...".

Non entanto, a propia convocatoria e o desenvolvemento deste proceso selectivo é un claro exemplo da nula ou escasa importancia que a Xunta lle dá ao persoal propio de informática. Está claro que para que isto funcione, neste aspecto das TIC, é necesario contratar asistencias técnicas, esas si que traballan ben.

Dende a CIG-Autonómica queremos pór de manifesto que non imos consentir que se deixen prazas vacantes en ningunha Promoción Interna, queremos que se convoque separadamente e por todo iso instamos á Función Pública a que respecte o dereito á carreira profesional do persoal propio da Xunta. Do mesmo xeito, demandamos que se convoquen canto antes as prazas da OPE 2009 da quenda de promoción interna separada. Para o persoal funcionario da Xunta resulta un agravio comparativo que no 2011 se prefirise convocara a quenda libre, que ocasiona máis gasto, e que a quenda de pomoción interna quede aprazada sine die.

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...