O xoves, 5 de xullo, o Comité de Traballo e Benestar da Coruña levou a cabo un acto de protesta simbólico na Xefatura Territorial pola prohibición da Xunta de Galicia a que o persoal laboral teña unha reducción de xornada ao igual que a ten o persoal funcionario.

Cómpre recordar que das instrucción do horario de verán 2012 queda excluído o persoal que traballa baixo o réxime de quendas ou horaio especial; este é o caso do persoal laboral, entre outros, da Consellaría de Traballo e Benestar. Ante isto,  o Comité de Empresa de Traballo e Benestar da Coruña decidiu levar a cabo unha protesta simbólica polo que supón ao redor de 100h máis de traballo ao ano.

Xa durante a súa negociación, a CIG solicitou que a aplicación deste tipo de instrucións fose universal para todo o persoal da Xunta e, de non ser posíbel, que se establecese algún tipo de compensación.