Depois de tanto tempo, achéganos a Administración a documentación da nova RPT da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.  No que se refire á área de educación, desta proposta queda excluído o persoal laboral e funcionario dos centros educativos.

A consellaría "danos de prazo" para presentar alegacións por escrito ate o martes, 10 de xullo. A CIG considera ese prazo insuficiente dada a complexidade da modificación e as datas nas que nos atopamos, e así lle foi comunicado as persoas reponsabeis. Non se pode pretender que o que se tarda anos en achegar, sexa tratado coas persoas afectadas e tomadas posturas en cuestión de días. As vosas consideracións, coma sempre, podes achegárnolas a autonomica@cigadmon.gal

Ampliado o prazo até o 12 de xullo. Primeira xuntanza previsiblemente o mércores, 18 de xullo.

Descargar documentación Área de Cultura

Descargar documentación Área de Educación