Novas por contido

O mércores, 11 de xullo, Mesa Xeral das Administracións Públicas cun único punto da orde do día: Real Decreto Lei de medidas urxentes de racionalización e redución do gasto en materia de emprego público, de acordo co establecido no artigo 36.2 do Estatuto Básico do Empregado Público (non achegan documentación)

Lembras cando os empregados/as públicos/as expoliamos as caixas de aforros falseando as contas, cobramos indemnizacións millonarias e provocamos o rescate a banca? NON O LEMBRAS??

Difunde a túa oposición a un modelo de xestión económica dos servizos públicos que pasa por quitar aos empregados e empregadas parte das súas retribucións, empeorar sensiblemente as súas condicións de traballo, incapacitar aos organismos administrativos deixándoos sen persoal, privatizar parte da xestión deses servizos e diminuír os seus umbrais de asistencia e de calidade afectando moi negativamente ao conxunto da cidadanía. Defende o público.

“O FMI pide a Rajoy que suba xa o IVA e baixe os salarios aos funcionarios”

Con case seguridade, conxelaranse as novas prazas e tamén se recortarán os salarios, probablemente a través de reducións nas pagas extras e nos complementos. A liña vermella está nos despedimentos: reducir o número total de traballadores públicos; non só eliminando persoal interino. Non sería novidade nun país intervido: xa pasou en Irlanda, en Grecia e en Portugal.

Desde Alemaña recetan desde fai tempo a España 4 novos recortes para cadrar as contas públicas. Na axenda reformista do Goberno ocuparían os primeiros lugares a suba do IVE e o recorte sobre as traballadoras e traballadores públicos; tenta resitirse aos outros dous dado o maior desgaste eleitoral: pensións/idade de xubilación e prestación por desemprego.

Ademais destes catro duros recortes que se barallan, están a suba de taxas, copagamentos, peaxes, privatizacións... A indignación é evidente: a cidadanía acabará pagando os excesos e a gula do sistema bancario español nos mercados financeiros. E polo lado que nos toca, as traballadoras e traballadores públicos atopámonos na primeira liña de batalla contra os novos recortes.

Todas as medidas de austeridade, recortes incluídos (que representan o ataque máis frontal ao escasamente financiado Estado do Benestar no Estado español), están encamiñadas a pagar a débeda aos bancos alemáns e doutros países (Francia, Gran Bretaña e Bélxica), os cales conseguiran importantes beneficios durante a burbulla inmobiliaria, importantes beneficios que continúan.

En realidade, a crise bancaria dos países periféricos (España, Grecia, Portugal e Irlanda) estalle indo moi ben á banca alemá, pois hai un fluxo de capital (é dicir, diñeiro) destes países, que foxen da crise, cara ao centro, e moi en particular, Alemaña. E os datos falan por si sós. Segundo Josef Ackermann, presidente do Deutsche Bank, os beneficios de tal banco alcanzaron a impresionante cantidade de 8.000 millóns de euros no ano 2011 (con 8 millóns de euros en bonificacións a tal señor). En realidade, mentres o desemprego alcanzaba cifras máis que alarmantes no Estado español (e outros países periféricos), o 50% da mocidade está desempregada, e a sanidade e a educación sofre recortes brutais (e non hai outro xeito de dicilo), os beneficios do Deutsche Bank subiron un 67% en tres anos (2009-2011), tal como sinala Conn Hallinan na revista ‘CounterPunch’ (15.06.12) (“Greed and the Pain in Spain”).

Entón, por que o goberno colabora con estas políticas que significan unha perda clara de soberanía? a resposta é clara. Porque utiliza este mandato exterior (argumentando que non hai alternativas) para conseguir o que sempre desexou a dereita no Estado español, é dicir, debilitar o mundo do traballo e privatizar o Estado do Benestar. Tal goberno coincide co obxectivo do rescate que queda moi ben definido polas declaracións do presidente do Banco Central Alemán, Jens Weidmann, quen nas devanditas declaracións en ‘El País’ non pode ser máis claro cando indicou que as reformas deberían acentuar máis as reformas laborais (que quere dicir baixar os salarios) e a privatización de servizos (que quere dicir o desmantelamento do Estado do Benestar). Así de claro.

Chamamos a todos os empregados e empregadas públicas a rexeitar esta nova batería de medidas, a difundir no seu entorno persoal e familiar o efecto negativo que terá sobre a calidade dos servizos públicos e a manterse mobilizados contra as mesmas.

Difunde a túa oposición a un modelo de xestión económica dos servizos públicos que pasa por quitar aos empregados e empregadas parte das súas retribucións, empeorar sensiblemente as súas condicións de traballo, incapacitar aos organismos administrativos deixándoos sen persoal, privatizar parte da xestión deses servizos e diminuír os seus umbrais de asistencia e de calidade afectando moi negativamente ao conxunto da cidadanía. Defende o público.


Campaña dignidade persoa empregada pública

SERVIZOS PÚBLICOS. SÍ, GRAZAS
SOMOS NECESARIOS/AS; SOMOS IMPORTANTES; SOMOS PARTE DA SOLUCIÓN; SOMOS A BASE DOS SERVIZOS PÚBLICOS E SOMOS O PRESENTE E O FUTURO DO ESTADO DO BENESTAR.