Continuamos as protestas contra os recortes do goberno de España que foron aprobados hoxe polo Consello de Ministros. Hoxe venres tivemos concentracións e asembleias en diversas localidades ao longo do País.

O seguinte vídeo corresponde á concentración no Edificio Administrativo da Xunta en Vigo. E xa que os compañeiros/as de Correos tiñan unha xuntanza entre o Comité de Folga e a empresa, achegámonos até a súa sede central para transmitirlles apoio.