A Xunta declarou SPAM todos os correos enviados dende o noso dominio, cigadmon.gal, razón polo que os nosos correos electrónicos non están a chegar aos empregadas e empregados con enderezo electrónico do tipo usuario@xunta.es

Inda que coincide cunhas datas de resposta social aos recortes do goberno español do PP, queremos pensar que é unha cuestión técnica, pero como non nos fiamos, e como xa tivemos a experiencia de que a solución se demore varios meses, dende este intre a CIG se reserva o dereito a impugnar calquer convocatoria que non nos chegue, ou á que non podamos enviar alegacións dende o noso dominio cigadmon.gal