Novas por contido

Onte no Senado, o ministro de Facenda e Administracións Públicas, facía propaganda de que os salarios públicos brutos que non acaden o 1,5 do Slarario Mínimo Interprofesional (SMI) estarán exentos da supresión da paga extra de Nadal do 2012. Esta medida xa aparecía recollida nos artigos 2.6 e 3.6 do Real decreto-lei 20/2012 publicado este sábado no BOE.

Hai que ter en conta que o SMI quedou conxelado no 2012 en 641,40€, polo que esta medida só afectaría ao persoal que teña uns ingresos brutos por xornada completa de menos de 962,10 €/mes. Xa que logo, non se excetpúa o persoal fixo discontinuo ou contratado a tempo parcial; o director xeral de Función Pública xa confirmou que non hai ningún traballador público da Xunta de Galiza que se poda acoller a esta excepción. Por outra banda, cómpre destacar a pouca vergoña ao sinalar que nos poñemos ao nivel de europa en tipos impositivos (subida do IVE) cando o noso SMI é a metade dos estados europeos cos que se nos compara.

O ministro Montoro asegura que comunicou agora este dato porque se esqueceu de facelo na rolda de prensa do venres. Entendemos que tiña moitos recortes que anunciar pero este tipo de detalles absurdos sobran, non sendo que o que pretenda sexa emular a súa compañeira de partido Andrea Fabra e lanzarnos outro "que se jodan" ás traballadoras e traballadores públicos.

Negro ou branco

Segundo o BOE, non hai tramos, nin escalas, nin unha aplicación proporcional da medida: é negro ou branco. Se ganas menos de 962 euros de soldo base, cobras; se ganas máis, non cobras.

Imaxinemos o caso dun traballador público que gañe 970€/mes. En comparación co seu compañeiro que cobra 962€, o seu soldo é 112 €ao ano superior (8 €* 14 pagas =112 €). Se agora a este o pagan en decembro 962 € e a aquel non lle pagan nada, o que máis gaña sairá perdendo. De feito, podería serlle rendible pedir que lle baixen o soldo no que queda de ano.

Outra cuestión a destacar é que esta medida se aplica sobre o soldo base bruto, sen contar complementos por incentivos ao rendemento. Deste xeito, podería darse o caso de que alguén que gañe 750 de soldo basee e 750 de incentivos (1.500 en total) non perda a paga extra; mentres que outro compañeiro que só cobre 1.000 euros de soldo base, quede sen ela.


Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...
Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...
Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...