Presenta escrito de alternativas económicas ante o Goberno elaborado pola Xunta de Persoal e Comité de Empresa de Servizos Centrais.

Que non che vendan a moto, non te fíes da cara de estreñimento coa que saen os representantes do PP dicindo que non se pode facer outra cousa, que este é o único camiño.  O único camiño si, pero o único camiño para a estafa e o saqueo ao pobo.

Desde a CIG defendemos que é posíbel conseguir ingresos engadidos a través de medidas alternativas ao simple recorte indiscriminado do gasto público que está aplicando o Goberno de España; propostas como as que nos achegan as compañeiras e compañeiros do Sindicato de Técnicos do Ministerio de Facenda. Unhas propostas que van por unha vía impositiva realmente progresiva e pola persecución seria do fraude fiscal e laboral. Datos concretos e medidas concretas cos que o Estado podería conseguir 63.809 milllóns de €.

Medidas
Recadación anual adicional (en millóns de euros)
Novo tipo do 35% no Imposto de Sociedades para beneficios a partir do millón de euros13.943
Redución da economía sumerxida en dez puntos38.577
Imposto sobre a riqueza
3.399
Prohibición das operacións en corto contra a Débeda Pública*1.400
Restriccións ao sistema de módulos, SICAV, tipo da Renda do Aforro e gañancias patrimoniais especulativas1.490
Imposto ás Trasnsaccións finacieiras5.000
Total
63.809

*instando a súa implantación no ámbito da Unión Europea

Agora cabe facerse a seguintes preguntas: por que o Goberno prefire afogar ás persoas en paro, as que teñen unha pensión, ás traballadores e traballadoras en xeral? Animámosche a que difundas esta información entre os teus contactos e lles deixes as mesmas preguntas xunto con esta información nas caixas de correo do Presidente e a Facenda.

Modelo de escrito de alternativas aos recortes

Tamén podes encher cos teus datos e presentar por rexistro, dirixido ao Presidente do Goberno e ao Ministro de Hacienda, o seguinte escrito que foi eleaborado pola Xunta de Persoal e Comité de Empresa de Servizos Centrais da Xunta de Galiza, e por suposto tamén foi presentado xa por estes órganos.

Desde a Xunta de Persoal e Comité de Empresa de SSCC animan aos traballadores e traballadoras públicas, así como a toda a cidadanía, a presentar en masa o dito escrito. Desde a CIG respaldamos e apoiamos esta medida.

Descarga escrito para presentar por rexistro

*atoparas 2 escritos idénticos pero un dirixido a Mariano Rajoy e outro a Cristobal Montoro, responsábel de Facenda.