Nunha reunión que tivo lugar o mércores, 18 de xullo, o director xeral de Función Pública comentounos como ía ler a Xunta de Galiza a letra pequena do RDL 20/2012 e ata onde aplicarían estas medidas.

1.    Sumprímese a paga extra de decembro a todo o persoal da administración galega. Non van a exercer as competencias autonómicas  no caso dos complementos (non queren compensar). En relación á parte proporcional xerada ata o día da entrada en vigor do R.D.-Lei, o director xeral manifestou que se aplicará tal como se recolle no mesmo, e polo tanto quedan anulados todos os conceptos retributivos que integran as pagas extras. O director xeral tamén manifestou que en Galicia non hai ningunha persoa que non alcance en computo anual  1.5 veces (ingresos brutos) o salario mínimo interprofesional.

2.    Os días de libre disposición pasan de 6 a 3; suprimen os días adicionais por antigüidade tanto para estes como para as vacacións e será aplicable a partires do 1 xaneiro de 2013. (tampouco deciden exercer as competencias autonómicas para amortiguar este recorte que, na práctica, non ten significación económica).

3.    Os complementos por ITs quedarán como se recolle na lei de medidas temporais no emprego en Galicia aprobada no mes de marzo.

4.    Se lle manifestou o noso desacordo con que este R.D.-Lei modifica algúns apartados do EBEP en vez de suspendelos temporalmente polo que consideramos que será moi dificultoso voltar a recuperalos.

5.    Pregúntaselle ao DXFP se a aplicación desta norma e as anteriores suporía un recorte e diminución de persoal na administración como por exemplo incremento de amortizacións, despedimentos, aplicación da reducións dun 1/3 da xornada a persoal interino e temporais, etc. O director xeral responde que haberá axustes (amortizacións) en función das necesidades de persoal de cada consellería, ente, ou organismo; non serán inmediatos a non ser que Bruselas pedira que se recortara o 25% do persoal nas distintas administracións. Manifestou que este ano non habería recorte da xornada para interinos e laborais temporais.

6.    As persoas indefinidas non fixas por sentenza que non están afectadas pola consolidación serán as primeiras que van sufrir as amortizacións.

7.    Dixo que as asistencias técnicas actuais non se van a renovar.

8.    En canto á mobilidade, o artigo 15º do RDL 20/2012 é só de aplicación no ámbito da administración do estado.

9.    Preguntado pola consolidación e desenvolvemento de procesos pendentes, dixo que a semana que vén presentaría as OOSS un cronograma.