Novas por contido

Fora Carlos Pellegrini, noutrora presidente da República Arxentina, quen en 1904, referíndose á mesma, sentenzara que "en este país no se gobierna, se manda" -unha frase aplicable a moitos outros lugares e épocas, como esta que estamos a vivir.

O Consello da Xunta aprobou o venres, 20 de xullo, o proxecto de lei de modificación orzamentaria para a eliminación da paga extra de decembro, para a que non se estabelece un mecanismo de recuperación determinado. Este consello non foi máis que un acto de liturxia para lexitimar, con completa ausencia da negociación colectiva, parte da expropiación de dereitos perpetrada polo RDL 20/2012.

Mándase aos servos e aos súbditos, gobérnase aos cidadáns libres. Non se pode tolerar un Goberno que en seis meses destrúe as bases do contrato social e conculca a Constitución, arrasando con dereitos que levou máis de século e medio conquistar, eliminando o dereito á negociación colectiva e a forza vinculante dos convenios por decreto-lei, un Goberno cuxa única política consiste en precarizar aos desempregados, ás persoas dependentes, aos empregados públicos, hipotecando o Estado á banca alemá e trasladándolle á maioría da poboación as consecuencias dunha xestión desastrosa.

Outras novas recentes

Venres, 12 Abril 2024

Recurso de reposición ao concurso ordinario de traslados de ciencias+enxeñarías+arquitectura

A CIG presentou un recurso de reposición á Resolución que convocou o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de escalas de enxeñarías, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias (administración especial). No recurso solicitamos unha relación das prazas que desapareceron do concurso, con información polo miudo de cada unha delas. Tamén da...
Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...
Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...