Novas por contido

O Comité de Empresa da Provincia de Pontevedra mantivo a pasada semana unha xuntanza co secretario xeral da Consellaría do Mar.

As organizacións sindicais con representantes en dito comité decidiron elaborar o seguinte comunicado conxunto:

 

TEMAS TRATADOS


1.- Preguntamos polo acordo de pluses negociado co anterior goberno e se nos contestou que se rematará de perfilar coa próxima RPT, que se espera para este ano.

Houbo un preacordo enviado a Función pública, como remate dun traballo de dous anos de negociación co anterior Goberno e baseado en criterios de Prevención de riscos. Este preacordo xa estaba enviado a Función Pública, pendente da súa tramitación final, e é vontade do Comité que sexa este acordo ou un mellor o que finalmente se aprobe.


2.- Acordo de equiparación a Educación: trátase da extensión dos beneficios de que disfrutan os traballadores da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, aos que cumpren as mesmas funcións (auxiliares, ordenanzas, etc) dos centros educativos da Consellería. Acordouse concreta-lo na próxima reunión.


3.- Lei de Pesca: a intención da Consellería é de reformala ou deixala en suspenso. Se non lles da tempo cambiarán asuntos puntuais e reformarase máis profundamente mais adiante.


4.- INTECMAR: se suspende a súa volta á Xunta coa suspensión da Lei de Pesca e a intención e deixalo  como ente público , amosamos o noso desacordo con esta decisión.  Tratamos algúns temas internos do INTECMAR como a representación dos traballadores da Xunta no Consello do ente.


5.- Pediuse a colaboración da Consellería na fusión das listas das categorías III-17, III-61 e III-26. Dixeron que falarían con Función Pública para axilizar a fusión.


6.- Negociación: Convocarase unha próxima reunión en Xullo, para continuar falando destes temas.


En conclusión, a reunión foi fundamentalmente unha primeira toma de contacto, e quedou comprometido para que na próxima reunión tivera respostas para os temas propostos.


Quedamos á espera da próxima reunión.A impresión foi de apertura ao diálogo, mais nas propostas de índole económica o negativo foi a confirmación do plan de choque e o plan de austeridade para todas as Consellerías. Esperamos que os traballadores cós soldos mais baixos non resulten –como soe ocorrer – os que pagan os problemas da crise.


(Este comunicado o asinamos as centrais sindicais CIG, CSIF e UGT porque a outra central con representación no Comité de Empresa non respectou o acordo de publicación conxunta dun comunicado e publicitou o seu anteriormente).


COMITÉ DE EMPRESA DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA DA CONSELLARÍA DO MAR

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.