Novas por contido

Unha das grandes medidas "estrela" do Goberno de Rajoy é facer tábula rasa cos días de libre disposición (ou moscosos) e igualalos a 3 en todas as Administracións Públicas. De todas e todos é sabido que esta medida, na práctica, non supón un auténtico aforro nin unha solución aos problemas de financiamento da débeda pública. Máis ben é un "que os jodan" como o que gritou Andrea Fabra desde a bancada do Congreso dos Deputados cando se facía referencia ás persoas en paro.

Pois  ben, se facemos un pouco de historia descubrimos que os moscosos máis que un privilexio foron un timo; unha magra compensación polo altísimo IPC no ano 1983 no canto da suba salarial que recolleron moitos convenios colectivos. No fondo, a supresión de días de libre disposición, así como os adicionais por vacacións, non deixan de ser outra rebaixa salarial encuberta.

Javier Moscoso del Prado e Muñoz, Ministro de Presidencia de Felipe González, aprobou os "días Moscosos" o 23 de decembro de 1983 a cambio de non incrementar os soldos segundo o IPC que era do 12,2% (fonte: INE).

Ás traballadoras e traballadores das Administracións nos rouban tres días dos seis de libre disposición -os chamados 'moscosos'- e quedaremos tamén sen os días libres adicionais en función da antigüidade, tanto deste permiso coma nas vacacións. Porén, cómpre facer memoria histórica e recordar que os Moscosos non son un privilexio en relación ao resto da clase traballadora senón que se trata dunha compensación que se fixo no ano 1983 por non subir o soldo ao nivel do IPC. Por outra banda, hai que aclarar que son moitos os convenios colectivos que recollen este tipo de dereito así como os días adicionais por vacacións ou a non limitación a coller días de vacacións soltos.

Javier Moscoso reuniuse persoalmente cos sindicatos, por orde de Felipe González, para negociar unha compensación en "tempo" a cambio de non incrementar as retribucións nunha cantidade equivalente ao IPC que nese ano era dun 12,2%. A negociación sindical daquel ano realizouna persoalmente Moscoso e estiveron presentes CC.OO, UGT e sindicatos como o CESM, maioritarios no sector do persoal médico.

Na reunión o Ministro explicou a pésima situación económica daquel ano que impedía o incremento e a proposta que era compensar a perda do poder adquisitivo do 12,2% mediante unha compensación de seis días de dispensa, é dicir os "Mocosos". Para lexitimar os Mocosos publicouse no BOE do 22 de decembro de 1983 a Instrución do 21 de decembro de 1983 da Secretaria de Estado para a Administración Pública.


A proposta dos "Moscosos" foi un engano

A proposta de dar seis días a cambio de non incrementar un 12,2% os soldos non era proporcional e o número de días que correspondían á perdida porcentual era de 30,5; é dicir, saímos perdendo 24,5 días na negociación. Pero aqueles anos eran especiais e os pactos de estado eran unha realidade. O resultado foi que CC.OO, UGT e CESM aceptaron aquela perdida adquisitiva parcialamente compensada en días e "tragaron a sabendas o engano". O persoal da Administración daquel entonces "comprendeuno" e aínda que máis pobres, o aceptaron.

 

Os recortes de hoxe en día son unha estafa

A situación hoxe en día é ben diferente: a débeda pública xa non se financia nos bancos centrais senón nos mercados privados, o que provoca o seu encarecemento e a grave crise que padecemos agora. Falando en prata: os nosos recortes salariais directos e indirectos, así como os do resto da cidadanía, son para pagar á banca europea os altísimos intereses polo diñeiro prestado.

Ver artigo de "O destino do diñeiro dos recortes"

 

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...
Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...