Ante o proxecto de Decreto de creación e estatutos da nova Axencia galega de Turismo a CIG presentou unhas completas alegacións. Neste proxecto de axencia confúen, ademáis da Secretaría Xeral para o Turismo, outros entes instrumentais, o que fará dará unha configuración do cadro de persoal complicada e queda aberta a porta a un montón de amortizacións de postos públicos. Por outra banda, deixa tamén aberta a Administración a porta á creación dun montón de postos de carácter político (persoal directivo).

Desde a CIG opoñémonos a este tipo de Administración privatizada, externalizada e no que a proporción de cargos políticos e de confianza vai en aumento sobre a totalidade do persoal. Os cambios feitos pola Administración ante as nosas alegacións son insuficiente e redúcense na maior parte dos casos a aspectos puramente formais.

Por outra banda e como mostra da importancia que lle da este Goberno ao que opine o resto, así como a súa prepotencia, o Consello da Xunta acaba de aprobar o Decreto e remitilo ao Consello Consultivo un día antes de que tivera lugar a Comisión de Persoal para votar o dito decreto.

Descargar alegacións CIG

Decargar borrador da axencia tras alegacións