O día 17 de xuño celebrouse unha sesión da comisión de listas. Nela tomáronse os seguintes acordos:

  • Remitir ao DOG o listado definitivo das inclusións de novas/os integrantes das listas da apertura extraordinaria do mes de novembro. (Posiblemente se publique no DOG o próximo mércores) Lembrar que se pode pedir xa suspensión de chamamentos.

  • Permitir a Consellería de Traballo e Benestar elaborar unha lista mediante chamamento xenérico as oficinas do INEM das categorías de medico e ATS para utilizala no caso de que non houbera integrantes nas listas nesas categorías no decreto37/2006. A lista confeccionada seria sempre subsidiaria as listas do decreto e terá unha validez de tres mes

  • Apertura polo que queda de prazo ordinario ( ata o 15 de xullo) das categorías de Oficial de servizos técnicos ( grupo III, categoría 69) e fisioterapeutas ( grupo III, categoría 11)

  • Debido a unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza modificouse o criterio sobre as suspensións de chamamentos, a partir de agora as solicitudes de suspensión  permaneceran activas, aínda que a persoa que a solicitou tivera que acudir a un chamamento feito anteriormente a entrada en vigor da solicitude de suspensión e tivera que aceptar o contrato. No caso de que o contrato fora de maior duración que o tempo de suspensión solicitado e a persoa quixera seguir en suspensión podería solicitar unha nova suspensión nos cinco primeiros días da finalización do contrato.

            As actualizacións definitivas de méritos do ano 2009, segundo a Administración, publicaranse a final de mes.