O xoves 09/08/2012 preto das 11:30 h, a CIG foi convocada a través do Comité de Empresa de Lugo da Consellería do Medio Rural a unha reunión informativa  coa Administración ás 12:30 horas

Aos/ás presentes na reunión (as 4 centrais sindicais representadas no comité) informásenos da aplicación total da lei 1/2012:

- Eliminación de compensacións e festivos

- Eliminación como festivo o 24 e 31 de decembro

- 12 días festivos máis dúas festas locais.

- Seis días de asuntos propios(neste ano).

Etc...

- Os calendarios e cadrantes, (días libres e horarios) respectaranse os actuais coa eliminación das compensación de domingos e festivos. Poderán variar de dia os LF (libres festivos) para  intentar que as secuencias de traballo non sexan de 9 días continuados

Dende a CIG acatamos a decisión (aínda que non a compartamos) e estudaremos as formulas legais para facer as reclamacións pertinentes ante o abuso.

Aclaro que a lei entrou en vigor o dia 2 de marzo.

Cómpre lembrar que a CIG estivo presente en tódolos actos de protesta contra a  proposta e aprobación desta lei.