Novas por contido

Como xa viñamos informando, foron varios os concellos que fixeron declaracións públicas da intención de compensar a supresión da paga extra de Nadal imposta polo Goberno de Rajoy. O último, o concello de Vigo, que fala de resolver "esta tremenda inxustiza" pero de novo sen apuntar unha solución técnica coma a que recentemente levou a cabo o Goberno de Navarra.

Dada a repercusión mediática deste tipo de declaracións, o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas encargouse de emitir unha nota "técnica" enfriando os ánimos e recordándolle ás entidades locais que a normativa ditada na Lei de Orzamentos estatais e no RDL 20/2012 é de carácter básico. A continuación indícalle que non poden incrementar ningún concepto retributivo e a obriga de inmobilizar este concepto retributivo mediante "acordos de non dispoñibilidade".

Non sabemos aínda como algúns concellos van poder dar cumprimento ao desexo de compensar esa paga extra, máis tendo en conta o delicado estado das contas das entidades locais, que non se atopan na disposición de facer un adianto no pagamento como artellou o Goberno de Navarra e ante o que o Goberno de Rajoy non sacou ningunha nota informativa.

Accede á nota do Ministerio de Facenda

Novas relacionadas

Outras novas recentes

Venres, 12 Abril 2024

Recurso de reposición ao concurso ordinario de traslados de ciencias+enxeñarías+arquitectura

A CIG presentou un recurso de reposición á Resolución que convocou o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de escalas de enxeñarías, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias (administración especial). No recurso solicitamos unha relación das prazas que desapareceron do concurso, con información polo miudo de cada unha delas. Tamén da...
Venres, 12 Abril 2024

Educación retira a axuda por discapacidade ao seu persoal funcionarizado

A Consellería de Educación, de xeito unilateral e sen previo aviso, retirou a axuda por persoa con discapacidade a cargo que o persoal funcionarizado tiña recoñecida en base ao V Convenio Colectivo da Xunta de Galiza. O persoal laboral ten dereito a unha axuda de 180 € mensuais cando ten ao cargo unha persoa con discapacidade e con ingresos inferiores ao SMI. En teoría ese...
Xoves, 11 Abril 2024

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar incumpre a normativa de conciliación da vida familiar e laboral

O Consorcio introduce unha cláusula nas resolucións de reducións de xornada que impide que o persoal poida desfrutar do dereito á conciliación mentres non se cubra con persoal substituto a franxa horaria na que reduce a xornada. A CIG levamos anos denunciando a situación que se produce na concesións de reducións de xornada por conciliacións, incumprindo o artigo 37.7 do...