O martes, 18 de setembro, reuniuse a Comisión de Valoración do concurso de traslados do grupo V, onde se rematou o proceso de valoración e informe das reclamacións previas a vía xudicial. A toma de posesión da 2ª fase de resultas e do SPDCIF farase cando remate a campaña de incendios (finais de setembro-outubro).

No tocante ao concurso dos grupos I-IV está avanzado no proceso de valoración de méritos co que a principios de outubro xa poderán facilitar datas concretas para os listados definitivos; probblemente para decembro.