Enésima modificación da relación de postos de traballo da, malchamada, Consellaría de Traballo e Benestar. Modificación que de novo comeza coa letanía xustificadora do "tendo en conta os criterios de eficacia, economía e austeridade que deben inspirar a actuación e a organización administrativa...".

Lástima que esta "austeridade" non sexa empregada co mesmo fervor en campos como o uso indiscriminado dos gastos capítulo VI para privatizar servizos públicos e despedir traballadores ou máis en concreto a partida de gastos "inmateriais" para pagar prebendas.

Descargar documentación

A primeira xuntanza terá lugar o luns, 24 de setembro.