{youtube}xlyrUM1iAjc{/youtube}

A cidadanía de Ourense recibiron a Alberto Núñez Feijoo con sonoros pitos e berros na presentación das listas do Partido Popular en Ourense.

Afectados/as polas preferentes, traballadoras e traballadores públicos e persoas en situación de desemprego protestaron pola presenza do presidente en funcións da Xunta de Galiza en Ourense facéndoo responsábel da situación na que se atopan milleiros de familias.