{youtube}94CufBLGzlY{/youtube}

Se o venres foi en Ourense onde recibiron a Feijoo con berros e asubíos. Hoxe 24 de setembro foi en Santa Cruz de Arrabaldo (Ourense) onde a cidadanía amosou a súa indignación contra as políticas de demolición que está a levar a cabo a Xunta de Galicia do Partido Popular con Alberto Núñez Feijoo á cabeza.

A escalada de indignación aumenta e parece que afectados/as polas preferentes, traballadores e traballadoras públicas e a multitude de colectivos damnificados pola suicida política do Partido Popular non está disposta a pasar desapercibida.