Novas por contido

En Ferrol a concentración tivo lugar diante do Concello e congregou a persoal de varias Administraicón conxuntamente con traballadores e traballadoras de Navantia. En Compostela uníronse posteriormente á protestad dos traballadores de Alcoa que estaba ás portas de San Caetano.

Outro xoves máis, o 27 de setembro, as traballadoras e traballadores públicos estabamos convocados a protestar diante dos principais centros públicos de traballo do noso país en defensa dos nosos dereitos e na defensa dos servizos públicos. Na concentración de Ferrol, xuntaron as súas reivindicacións cos traballadores de Navantia, miles de persoas ateigaron as rúas para manifestar o seu rexeitamento ás políticas neoliberais do Partido Popular onde o que importan son os mercados e non as persoas.

San Caetano #quesoycompañerocoño

En Compostela mantense o pulso e as compañeiras e compañeiros volvimos a concentranos dentro de San Caetano baixo o lema "O pobo unido xamáis será vencido". Esta consigna berrouse ao longo da media hora escasa que durou a concentración xunto coas xa clásicas "mans arriba, isto é un atraco!" ou "o noso diñeiro, danllo aos banqueiros". Mesmo apareceu un espontáneo encapuchado cun cartaz que dicía “Que soy compañero, coño!!”, facendo un aceno aos movementos sociais que se manifestan estes días en Madrid.


O propio cartaz da convocatoria facía referencia a diversos colectivos que tamén sofren a crise, igual ca nós, o colectivo de traballadoras e traballadores públicos, os mineiros, os gandeiros, os do naval, os pensionistas, os estudantes, os traballadores en precario, etc. Onte estaban as mariscadoras de a pé da ría de Arousa, de Carril, berrando contra a consellaría de Mar e Medio Rural e hoxe apareceron os obreiros de Alcoa que se concentraron media hora máis tarde. Non estaban só os compañeiros de Cervo, tamén había unha pancarta en valenciá, bandeiras asturianas e incluso algunha ikurriña, das factorías de Alicant, Amorebieta e Avilés. Ao rematar a concentración dos empregados e empregadas públicas dentro de San Caetano, uns cantos compañeiros e compañeiras saímos en apoio dos obreiros e obreiras de Alcoa.


Algo se está a mover e os ánimos cada día están máis acendidos. A sociedade ten que espertar. Esta é unha loita global, non cabe dúbida, e non é unha crise, é unha estafa. Non só se atacan aos Servizos Públicos, o conxunto da cidadanía sofre esta ofensiva desmanteladora dos dereitos sociais e laborais que tantos anos levou conquistar. Os diversos movementos concorren cun inimigo común, o capitalismo salvaxe, que quere dar a loita, desta vez procurando o asalto final.

Compañeiras, Compañeiros, axuntémonos todos e todas, esta é a loita final.


Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...
Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...
Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...