O día 24 de setembro tivo lugar unha xuntanza en San Caetano para tratar a modificacicón parcial da RPT de Traballo e Benestar. A secretaria xeral fai unha pequena introdución sobre a modificación e sinala que aínda hai que incluír a creación de postos de Educadores no Centro de Menores de San José de Calasanz. Así mesmo, recaba a opinión de cada organización sindical sobre a apertura dos postos de traballo das escolas infantís de Director/a de gardería ao grupo II, categoría 40.

Na súa intervención a CIG fai as seguintes alegacións:

  • Postos de inspección se servizos sociais: estamos de acordo coa súa creación pero non con que se lles exixa o requisito imprescindible do curso se servizos sociais; son os únicos postos de inspección aos que se lles pide como requisito imprescindible un curso específico. Cómpre salientar que este curso só foi ofertado pola EGAP para xente que de, xeito provisional, estaba realizando estas tarefas co que non se garante a libre concorrencia a través do concurso de méritos.

  • Postos de traballo de limpadores/as que están vacantes como consecuencia do concurso: a consellaría debe cubrilos e non deben ser empresas externas as que realicen estas tarefas. Citamos en concreto o Centro sociocomunitario do Carballiño e de Ourense centro.

  • Residencia de Maiores de Santiago: solicitamos a inclusión do complemento salarial de singularidade por penosidade (B18) para este posto para o posto de Axudante de oficios.

  • Centro de Menores “Avelino Montero”: é necesaria a creación dun posto máis de educador/a e un vixilancia nocturna.

  • Complexo residencial de maiores de Vigo: pedimos que quede recollido que o persoal dos dous centros que o vai integrar non vai ser movido dos seus postos. Contestan que non haberá mobilidades arbitrarias.

  • Director/a de gardería:  a día de hoxe non estamos de acordo coa apertura a outra categoría para estes postos.

  • Con carácer xeral solicitamos que se cubran os postos que quedaron vacantes no concurso.


Centro Galego de Desenvolvemento Integral (CEGADI)

A secretaria xeral explica que o CEGADI situado en Salgueiriños (Compostela) realizouse con fondos europeos e do INSERSO. Estáse intentando poñer paulatinamente en marcha, do contrario habería que devolver a financiación. Neste momento vaise a realizar a recepción da obra entre a empresa e a Consellería de Traballo e Benestar e para empezar a funcionar opinan que o persoal co que debería comenzar é o que se reflicte nesta proposta de modificación.

Varios

Desde a CIG solicitamos explicacións sobre a integración do persoal do extinto centro de menores de Montealegre na Carballeira con relación a:

  • As rotacións nocturnas dos/as coidadores/as cando xa existe un educador con nocturnidade.

  • O traslado dos dous postos de vixilante nocturno á Residencia Xuvenil “Florentino Cuevillas” mentres na Carballeira poñen vixilancia privada.

A secretaria xeral explica que descoñece estas situacións.