Os orzamentos xerais do Estado para 2013 foron presentados o pasado sábado; incorpóranse varias medidas para aumentar a recadación en máis de 4.000 millóns de euros. Desde a nosa páxina difundimos e apoiamos unha serie de medidas fiscais, en base á progresividade, que permitían aumentar a recadación en 63.000 millóns.

Estes días, desde o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas están remitindo unha carta tipo en resposta a todas aquelas persoas que presentaron o modelo de alternativa aos recortes co obxecto de acadar o obxectivo do Déficit Público. Neste educada comunicación, asindada por un membro do Gabinete, agradece a achega que valora como "unha forma directa de coñecer a opinión da cidadanía" así como  un "estímulo para continuar na labor encomendada ao Goberno para superar a crise económica".

Máis aló da palabrería, se analizamos as medidas do Goberno finalmente implantada en comparación coas que lle facíamos chegar aló por xullo podemos concluír que a opinión da cidadanía, dos técnicos de Facenda, de distinguidos economistas e de xuristas non lle supoñen nigún estímulo en comparación coas das persoas defraudadoras. E o que é máis grave, a superación da crise económica queda supeditada ao benestar, non da cidadanía, senón da banca.

Medidas tributarias incluídas nos Orzamentos 2013
Recadación anual adicional (en millóns de euros)
Imposto de Sociedades (eliminación da dedución por amortización ás grandes empresas)2.371
Novo impossto lotarías
824
Imposto patrimonio (prórroga)
700
Gravame especial actualización balances empresariales (recuperación)
300
Dedución por vivenda habitual (eliminación)
90
Modificación réxime tributación plusvalías 1º ano
90
Total
4.375


Dado o montante dos cartos destinados a pagar os intereses da débeda (36.800 millóns de euros), esta cantidade xa comeza a ser considerada por moitos expertos como débeda odiosa. Para comprender tal magnitude cómpre destacar que ista cifra é a mesma que a destinada aos gastos dos diferentes ministerios. Canto antes afrontemos que esta débeda, co sistema actual de financiamento, é impagable, antes tomaremos as medidas necesarias para saír desta vía morta.

En calquera caso, e persistindo no seu desesperado interese de financiarse a través de préstamos abusivos de acreedores privados no canto de que o BCE cómpre débeda pública ou renegociar, cómpre recordarlle ao Ministerio de Facenda que a progresividade fiscal recollida no artigo 31 da Constutución non só mantén o seu vigor nunha crise económica senón que o reforza.

QUE PAGUE MÁIS QUEN MÁIS TEN E SOBRE TODO AS PERSOAS RESPONSABLES DA CRISE