Novas por contido

Os axentes de policía impediron a entrada a varios delegados da CIG da Xunta de Persoal na Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, centro de traballo de Servizos Centrais da Xunta de Galiza.

O día 2 de outubro ao redor das 12:15 h presentaronse 3 delegados da Xunta de Persoal des Servizos Centrais na Dirección Xeral de Emerxencias e Interior. Neste centro traballan varias decenas de funcionarias e funcionarios dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza. O obxectivo desa visita sindical era repartir un boletín de información e pegar un cartaz nos correspondentes taboleiros informativos destinados ao uso das organizacións sindicais.

Ao chegar estes tres compañeiros, como o resto de ocasións que ten acudido a CIG a este centro, identificáronse (con DNI e credencial de delegado) e indicaron a súa intención de facer esta visita sindical. A policía que os atendeu en primeiro lugar non puxo ningún impedimento.

Ao momento, outra policía comunícalles que tiña que chamar para que lles dean permiso. Os delegados indicánlle que nunca lles poñen problemas e adoitan a acudir a ese centro a facer visitas sindicais, non entanto agardan. Cando colga o teléfono, esta axente da policía autonómica dilles que non poden pasar, "que están algúns despachos baleiros e que hoxe é o día da patroa da policía". Deseguido os delegados fanlle saber que non é de recibo a situación, que este é un centro de traballo onde están compañeiros e compañeiras de Servizos Centrais, aos que lle representan sindicalmente, e ela responde que "isto é unha comisaría de policía".

Perante a insistencia dos delegados, a axente volve a chamar. Os delegados pregúntanlle quen é a persoa coa que están falando e como máxima identificación dinos que é o "xefe da Autonómica", o Sr. Criado e que "non nos fai falta saber mais". Solícítanlle falar con el pero llelo denegan. Como solución alternativa a axente ofrécelles que baixe un subalterno a recoller a documentación e que esa persoa se encargará de repartir os boletíns sindicais ou que os deixemos na entrada. Perante esta proposición indicámoslle que non a aceptan, que teñen dereito a visitar as traballadoras e traballadores, e que ían presentar unha denuncia por vulnerar os dereitos sindicais.

Cómpre lembrar que os delegados sindicais e membros da xunta de persoal, como representantes legais dos empregados públicos, dispoñen no exercicio da súa función representativa, das  garantías instrumentais de efectividade dos seguintes  dereitos recollidos no artigo 41  da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico del Empregado Público:

A) O acceso e libre circulación polas dependencias da súa unidade electoral, sen que se entorpeza o normal funcionamento das correspondentes unidades administrativas, dentro dos horarios habituais de traballo e con excepción das zonas que se reserven de conformidade co disposto na lexislación vixente (art. 41.1 a da EBEP).

B) Dereito a distribución libre das publicacións que se refiran a cuestións profesionais e sindicais (art 41.1 b da EBEP).

Entedemos que as ditas actuacións descritas incorren nun abuso do exercicio de autoridade que impide e limita os dereitos descritos e son constitutivas do delito tipificado no artigo 315.1 da Lei Orgánica 10/1995, do 23 de novembro, do Código Penal.

A CIG puxo este degradable feito en coñecemento do conselleiro de Presidencia e máis presentou unha queixa formal por escrito ante o xefe da policía Autonómica. Ao longo desta semana os delegados e delegadas da CIG na Xunta de Persoal dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza volverán a pasar por ese centro de traballo. No caso de que se volva a limitar ou impedir o acceso a esta unidade administrativa ou a calquera outra do ámbito de representación, poñeranse estes feitos en coñecemento da xustiza en forma de denuncia penal, ademais de calquera outra acción que os servizos xurídicos deste sindicato estimen oportuna en defensa dos dereitos dos traballadores.

Outras novas recentes

Mércores, 20 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Minas-Bibliotecas-Arqueologos-Museos-Obras Publicas-Arquivos (19/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega os listados de prazas que ofertará para a elección de destino dos seguintes procesos selectivos: A1 Minas A1 Bibliotecas A2 Bibliotecas A1 Arqueólogos A1 Museos A2 Museos A2 Obras Públicas A2 Arquivos Neste lote botamos en falta A1 de Arquivos.
Venres, 22 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Agrupación profesional-Subalterno (22/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega un listado de prazas que ofertará para a elección de destino do proceso selectivo da agrupación profesional - subalterno. A localidade dos postos pode verse no código que vai nas posicións 11 a 15 do código (XX.XXX.XX.XXX.XXXXX.XXX) No mesmo arquivo que poñemos a túa disposición para descargar, vai tamén a RPT íntegra con todos os...
Xoves, 21 Marzo 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Política Social

Riscos para a saúde moi elevados nas escolas infantís O venres tivo lugar unha nova xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Política Social, no que estaban presentes os representantes das consellería de política social, servizo de prevención propio da Xunta, servizo de prevención alleo (Qualtis), representantes do Consorcio e delegadas e delegados de prevención...