Non era sen tempo, e despois de 3 anos e medio de promesas, achegannos o borrador das bases da convocatoria do concurso de traslados para a provisión de postos vacantes na Administración especial da Xunta de Galicia. Segundo informa Función Pública a dita convocatoria será en breve. De momento, a primeira reunión para estudar o texto terá lugar o xoves, 11 de outubro.

A partir de mañá teremos acceso á aplicación informática para presentar as aelegacións aos postos e sacaremos unha listaxe para que nos acheguedes as vosas alegacións. Iso sí, a Administración danos tan só até o 18 de outubro para presentar alegacións. Acceso aos postos

Descargar borrador