O Comité de Empresa de Traballo e Benestar protestou onte nunha sentada contra os sucesivos recortes e medidas arbitrarias do departamento autonómico de Traballo e Benestar no seu persoal e os efectos que están a ter na calidade asistencial nos centros públicos. Mentrés, o departamento continúa o seu impulso a favor das empresas privadas xestoras de servizos sociais.Tamén denunciaron a negativa da xefatura provincial para cederlle un local para a xuntanza do comité co obxecto de silenciar as súas denuncias.