Novas por contido

Ante as criticas da CIG á intención de Feijoo de facer persoal funcionario ao persoal directivo, non é o Partido Popular quen responde senón Función Pública que di que "se trata de un error de redacción en el programa". Ver enlace prensa.

A defensa acérrima do persoal directivo que está facendo Feijoo estes días é una mostra máis da falta de repecto pola carreira profesional dos empregados públicos, unha falta de respecto que tivo como consecuencia unha degradación do funcionamento interno da Administración autonómica nestes últimos anos, onde compañeiras e compañeiros foron tratados como trastos e movidos de posto en posto por razóns exclusivamente arbitrarias e non técnicas.

A CIG denunciaba a semana pasada a intención que se tiraba do programa do PP de Galiza de querer facer funcionario ao persoal directivo. Esta denuncia foi respostada sorprendentemente por Función Pública, é dicir pola Administración autonómica, asegurando que se trata dun “erro de redacción”.

Estes pasados días, Alberto Núñez Feijoo acusaba a nosa advertencia aos empregados públicos de “falacia” e “broma”. Pois ben, no final da páxina 43 do programa colgado na páxina do PP de Galicia na actualidade segue figurando exactamente esta intención, sen que ninguén corrixise ese “erro de redacción”. Xa que logo, entendemos que Feijoo está cualificando de “falacia” e “broma” o seu propio programa eleitoral.

A non modificación do programa e a entrada en escena de Función Pública cualificándoo como “erro de redacción” vén a demostrar que a CIG ten razón, que nós non limos mal nin nos inventamos nada. A día de hoxe ese “erro” segue o figurando no programa electoral polo que entendemos que iso é o que queren que figure. E a bo seguro será das exiguas promesas electorais en ámbito da Función Pública que o partido de Alberto Núñez Feijoo primeiro se apresure en desenvolver.

Por outro lado, temos que denunciar que non lle corresponde a un departamento administrativo da Xunta facer valoracións públicas dun programa electoral. Isto só pode significar unha cousa: a naturalidade coa que o PP fai uso da Xunta de Galiza como ferramenta partidista.

Para a CIG esta preocupación de Feijoo polo persoal directivo supón un claro insulto á profesionalidade das empregadas e empregados públicos xa que amosa a súa preferencia polo persoal alleo á Administración. Esta parte do programa do PP supón tirar ao lixo a experiencia profesional acumulada durante anos de moitas e moitos compañeiros que atenderon sempre as súas responsabilidades sen ter en conta a súa filiación política.

*Nota remitida á prensa

Correción de erros: observamos que pouco despois de publicar esta nova, o programa xa estaba corrixido. En calquera caso, a base da nota sigue tendo a mesma relevancia: en primeiro lugar porque nós non limos mal o programa (como se nos acusaba), en segundo lugar porque foi Función Pública a que saiu a palestra para corrixir o programa e non o PP e terceiro, e que valoramos como máis importante, a carreira profesional do persoal directivo aparece como a primeira preocupación nos cambios na Lei de Función Pública e a nosa carreira profesional como a penúltima.

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...
Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...