Novas por contido

Achéganos Función Pública as prazas que se ofertarán na elección de destino provisional ás persoas aspirantes aspirantes que superaron o proceso para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, escala de xestión de sistemas da información.

O prazo de remate para presentar alegacións é o día 25 de outubro ás 14:00 horas. Para a súa xestión solicitamos que nos acheguedes as vosas consideracións canto menos 24h antes.

Descargar listaxe de prazas

NOTA: Comunícannos que hai algunhas prazas que se vai proceder a súa amortización polo que desaparecerían da relación;  estes postos son: MA.C02.00.002.15770.058, TR.C03.00.000.15770.017, TR.C03.00.000.15770.018 Función Pública 26/10/2012

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...
Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...