Agora vai a resultar que aqueles que abdicaban da política, fuxindo de nomeala, como se tal cousa fose convocar tódalas desgracias da caixa da Pandora, e se refuxiaban baixo o manto da XESTIÓN, descarado instrumento de tomadura de pelo, para a percura dos seus escuros intereses, quedan retratados como unhos perfectos INCOMPETENTES, mesmo nese campo onde tanto se chulean.

A Intervención Xeral da Seguridade Social (IGSS), é o organo de control interno e de dirección e xestión da contabilidade das entidades que integran o sistema da Seguridade Social. Agora resulta que se recoñece nunha orde publicada no BOE o día 24 de setembro, INUTIL para o cumplimento das funcións que ten encomendada

 

A orde recoñece que a Intervención carece de efectivos dabondo para facer frente no plazo previsto -¿qué ILUMINADO prevé os plazos?- algunha das auditorías previstas no plan parcial de auditorias e control financieiro de Subvencións para o 2013 - qué outros ILUMINADOS  concebiron un plan para facer arroz con leite sen leite nen arroz?-

O Plan está claro: non fai falla ser especialmente listo para detectalo. Collemos un servicio público, establecemos unhos obxetivos ambiciosos e de boa venda, recortanselle medios necesarios par chegar a iles, e xa temos o escenario trazado: a maquinaria non vai, o sevizo  empeora, os traballadores ven como se lle recortan dereitos  e o final , excusa perfecta para meter os intereses privados nun terreo  ben preparadito para grandes colleitas.

Esto ten un nome diáfano: ESCANDALOSA PRIVATIZACIÓN DUN SERVIZO, espacialmente sensible,  que ningúen queria para a súa casa, porque unha cousa é que che veña un carpinteiro a arrenxar unha  porta, e outro que se che metan estranos na casa a vixiar as túas contas.

Os incumplimentos na IGSS son vellos e os seus males endémicos. A CIG xa  leva denunciado de  moito tempo atrás a opacidade do funcionamento deste organismo  no relativo a provisión de postos de traballo e outras lindezas, e agora oponse de maneira frontal a esta PRIVATIZACIÓN, exixindo que se depuren as responsabilidades palmarias nascondidas detrás destas disfuncións do IGSS.

Accede á documentación do BOE declarando a "insuficiencia de medios"