Moitas especulacións e poucas información concreta no caso das agardadas tomas de posesión no concurso de persoal veterinario e no de persoal laboral grupo V (2ª resultas).

Concurso de persoal veterinario

A nivel interno está circulando algunha información sobre datas exactas de publicación no DOG da orde de toma de posesión e cesamento, porén Función Pública só confirma que a orde da toma de posesión do persoal veterinario será "inminente" e antes do 15 de novembro.

Concurso de persoal laboral V (2as resultas)

A segunda fase de resultas non se ía resolver ata que acabe a epoca de alto risco dita epoca acabou o día 20 de outubre. Funcion Publica informa que é inminente a  publicación desta 2ª fase de resultas e que estaban pendentes dun recurso que foi informado o pasado martes. O luns poderemos ter unha data concreta.