Ben é sabido que a palabra especial, non é o mesmo que xeral. A efectos laborais tampouco, de feito na nosa Administración Autonómica, copiando a Administración Xeral do Estado, fóronse creando dende os anos 80 as diferentes escalas da chamada Administración Especial. Especial porque desenvolvían unhas tarefas, que sendo de actuación funcionarial, necesitaban uns coñecementos específicos tanto técnicos como teóricos. Así foron nacendo as escalas de letrados, arquitectos, enxeñeiros, biólogos, arqueólogos, arquiveiros, museólogos, bibliotecarios, etc.

Non son só especiais polas titulacións, senón tamén, porque todas teñen unhas posibilidades de promoción e ascensos moito máis pequena que os Corpos Xerais, ao seren grupos de poucas prazas e normalmente pechadas a eles mesmos, polo que é moi usual que unha persoa se xubile na praza na que accedeu a Función Pública, cousa impensable na Administración Xeral (pola posibilidade de ascensos e concursos nunha vida laboral).

Estas especiais circunstancias xunto a súa especificación Facultativa (de todos eles , non só duns cantos), que se manifesta tanto na súa propia denominación (Facultativos Superiores, e Facultativos de Grao Medio), como na posibilidade de  elaborar e asinar todo tipo de informes, ao teren un coñecemento específico dunha actividade laboral. (por exemplo un arquiveiro asina un informe de eliminación de documentación, un arqueólogo inspecciona e informa dunha actividade ilícita nun castro, ou un museólogo certifica unha saída de pezas para unha exposición).

Esta especialización, foi recoñecida ata o de agora por tódalas Administracións Públicas nas súas RPTS, tanto no referido ao nivel das prazas como á hora de solicitar unha/unhas titulacións específicas, a única Administración que non fixo tal foi a Xunta de Galiza, que marxinou de tales supostos aos arquiveiros, arqueólogos, museólogos e bibliotecarios.

Así vaia este cadro comparativo, referente aos arquiveiros, para ver a inxustiza cometida:

ADMINISTRACIÓN

NIVEL GRUPO A (FACULTATIVO SUPERIOR)

NIVEL GRUPO B (FACULTATIVO MEDIO)

TITULACIÓN ESPECIFICA

Universidade de Santiago

24

20

Si (Historia ou Documentación)

Arquivo Histórico Nacional

24

20

Si (Historia, Dereito ou afíns)

Concello de Vigo

24

20

Si (Historia ou Documentación)

Consello de Contas

26

22

Si (Historia

Deputación de Pontevedra

24

20

Si (Historia)

Arquivo Municipal de A Coruña

24

20

Si (Historia)

Sistema arquivístico da Defensa

25

20

Si (Historia ou Documentación)

Arquivo do Parlamento de Galicia

25

---

Si

Universidade de A Coruña

26

20

Si

Arquivo Xeral de Indias (Junta de Andalucía)

24

20

Si (Historia e Documentación)

Arquivo da Corona de Aragón (Generalitat de Catalunya)

24

20

--

Arquivo do Reino de Valencia

25

20

Si (Historia e Documentación

Arquivos centrais dos Ministerios (Administración Central)

24

20

Si (Historia e afins)

Xunta de Galiza

20

16

Non

Polo tanto, manifestase unha total inxustiza para estes corpos, tanto en retribucións como en especificación de acceso. Chega a incongruencia ata o feito de que a propia Administración Autonómica, nas novas prazas de arquivo da Dirección Xeral de Xustiza, xa contemple o nivel 18 para os Facultativos de Grao Medio.

Tampouco é nombrable a crise para non paliar estas “deficiencias”, pois o resto de Administracións tamén teñen problemas, e non por elo non deixan de valorar ao seu persoal no seu xusto nivel.

Por todo elo a CIG-Autonómica solitoulle á Dirección Xeral de Función Pública unha inmediata revisión de niveis, tanto para os Facultativos Superiores (24), como os Facultativos de Grao Medio (20) nas Escalas que aínda non están ao nivel ao que están os seus compañeiros de outras Administracións, ou sexa Arquiveiros, Arqueólogos, Museólogos e Bibliorecarios.