Novas por contido

Na resolución que publica a listaxe de convenios asinados pola Consellaría de Economía e Industria no segundo cuatrimestre de 2012, volveron a colar varios convenios de colaboración coa prensa por un valor total de 450.000€. Fonte: DOG 02/11/2012

Tan só 3 convenios de tan só unha consellería asinados tan só nun cuatrimestre; só convenios, nin subvencións, nin anuncios directos. "Estamos en crise" e "non hai cartos". Con istas xustificacións recortase en educación, sanidade, dereitos laborais, despídese, secuestráse unha paga extra, introdúcense medidas no emprego público, etc. Agora ben, parece que estas sinxelas xustificacións non valen igualmente para recortar en convenios coa prensa ou en rescates bancarios. Tampouco vale o de "non hai cartos" para perseguir a fraude fiscal e non perdonala.

A pesar da crise, pagar con cartos públicos a difusión nos medios de comunicación das actuacións feitas polas diferentes consellarías segue sendo unha prioridade. E baixo esta premisa se asinaron 3 convenios de colaboración con Editorial Compostela, S.A., La Voz de Galicia, S.A. e El Progeso de Lugo, S.L. por valor de 150.000 € cada un. Non se entende moi ben onde radica a "colaboración" máis aló de que a consellaría paga e o medio publica o que esta lle di.

Desde a CIG-Autonómica seguiremos denunciando estes casos falsa austeridade e demandamos que cese o uso deste tipo de convenios para repartir cartos públicos entre grupos de presión de xeito pouco transparente e coa única finalidade de autopromoción. Canto máis tendo en conta que este tipo de asignacións públicas non están exentas de polémica sobre o condicionamento da realidade que publican ou deixan de publicar estes medios de comunicación. Para seguir manipulándonos cos nosos propios cartos se nos está pedindo un esforzo á clase traballadora?

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...
Venres, 12 Abril 2024

Recurso de reposición ao concurso ordinario de traslados de ciencias+enxeñarías+arquitectura

A CIG presentou un recurso de reposición á Resolución que convocou o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de escalas de enxeñarías, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias (administración especial). No recurso solicitamos unha relación das prazas que desapareceron do concurso, con información polo miudo de cada unha delas. Tamén da...
Xoves, 11 Abril 2024

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar incumpre a normativa de conciliación da vida familiar e laboral

O Consorcio introduce unha cláusula nas resolucións de reducións de xornada que impide que o persoal poida desfrutar do dereito á conciliación mentres non se cubra con persoal substituto a franxa horaria na que reduce a xornada. A CIG levamos anos denunciando a situación que se produce na concesións de reducións de xornada por conciliacións, incumprindo o artigo 37.7 do...