A Dirección Xeral de Función Pública, que en repetidas ocasións anteriores ten amosado unha absoluta falta de consideración co seu persoal, desta volta xa decidiu actuar e arranxar a situación de interinidade a un colectivo específico de persoal veterinario, e o vai facer para este caso coa complicidade das demais organizacións sindicais.

Despois de múltiples filtracións por parte das consellarías afectadas sen que mediase comunicación oficial ás organizacións sindicais, e actuando coa mala fe que supón recibirmos a convocatoria e documentación para a Mesa Xeral do luns 5, un venres posterior a un festivo co que imposibilitan ter tempo material para estudar a proposta e discutila internamente de xeito que sexa unha decisión colexiada, infórmanos Función Pública que xa tomou a decisión de como actuar para regularizar a situación de interinidade dun grupo de veterinarios de xeito que non se vexan afectados polos ceses tras o concurso de traslados que está pendente so da toma de pose.

Somos plenamente conscientes de que os interinos beneficiados non son responsábeis de que a Administración faga as cousas mal, e contra eles non temos absolutamente nada que dicir. Pero eso non impide que a CIG manifeste o seu desacordo coa intención da administración xa que para beneficiar a uns traballadores/as vulneraron e vulneran os dereitos doutros.

O mércores 7 estamos convocados á Comisión de Persoal, onde a Administración, neste caso dos outros sindicatos, imporán definitivamente a súa decisión.

Coma ven ocorrendo durante moitos anos no referente aos servizos veterinarios, ao final serán os tribunais de xustiza quenes decidan sobre as malas decisións dos responsábeis políticos da Administración.