Con relación ao concurso de traslados de persoal laboral grupo V, informa a Dirección Xeral da Función Pública que o 12 de novembro publicarase no DOG a resolución da 2ª fase de resultas así como a apertura do prazo para tomar posesión tamén no caso dos grupos que estaban pendentes. Estas publicacións irán artelladas nas seguintes ordes:

  • Orde pola que se abre o prazo posesorio das prazas adxudicadas na Orde do 14 de Maio de 2012, correspondentes ás categorias 10B, 10C, 14 e 14A (categorias pertencentes ao SPDCIF - Medio Rural e do Mar).

  • Orde pola que se abre o prazo posesorio das prazas adxudicadas na Orde do 12 de Xullo de 2012 (2ª fase de resultas).

  • Ordes de modificación da adxudicación da 2ª fase de resultas que afectan a tres postos.