As traballadoras e traballadores do Complexo de Menores I de Ferrol recibiron con sorpresa e asombro a nova de que o Centro de menores Soutomaior vai ser nun futuro próximo unha residencia universitaria segundo a nova que poideron ler no día de hoxe nos xornais.

Nin o persoal nin os seus representantes no Comité de empresa recibiron comunicación algunha da Consellería de Traballo e Benestar ao respecto do abandono definitivo dunha verdadeira política de protección aos menores en situacións de desamparo; máis nos momentos actuais en que aumenta o número de persoas en situación de necesidade.

É un esperpento que a UDC negocie có concello o uso dun edificio da Administración autonómica sen que a Conselleria de Traballo diga nada (a non ser que o Sr. Rey Varela vaia a ser o próximo Conselleiro de Benestar e xa vaia adiantando o traballiño)

Rozaría o cómico que se diga que "é unha boa proposta como proposta provisoria para seguir estudando unha proposta definitiva" senón fora porque a daquela Consellería Beatriz Mato falou de que a reunificación dos dous centros (Virxe do Carme e Soutomaior) era unha reestructuración para dar un maior servizo e que os dous centros formaban un complexo único. Xa daquela o Comité de empresa advertiu que esta situación agachaba outros interese, como o progresivo abandono das políticas sociais por parte dos poderes públicos e  as amortizacións e despedimentos de traballadores públicos.

Tampouco entendemos como se di que esta infrautilizado cando existe un programa concertado para o centro de cumprimento de medidas de privación de libertade para menores e existen infinidade de propostas por parte do colectivo técnico do Complexo de Menores para executar programas de educación e inserción para familias que tanta demanda e necesidade hai nestes momentos.

Non se está en contra da criación dunha residencia universtaria con prezos rebaixados ou incluso gratuita para aqueles estudantes que o necesitan, pero non podemos estar dacordo con qué isto implique o abandono do proxecto de protección aos menores e que isto implique a destrucción de máis e máis postos de traballo do sector público.

Fontes: