Novas por contido

Cando o xoves 8 de novembro a CIG acudiu á primeira xuntanza coa Administración pola Relación de Postos de Traballo de Cultura, tiñamos claro que a consellaría viña xa coa decisión de que fose de libre designación até o apuntador. En consecuencia a nosa intervención foi na liña de tentar corrixir eses e outros excesos que observamos.

Por se o fondo do asunto non fose abondo, as formas non foron mellores: os responsábeis políticos da Administración demostraron que xa dende o principio tiñan claro que non estaban dispostos a mover unha letra, convertendo ás xuntanzas e mesas de negociación en formalismos que cumprir ou liturxias que satisfacer, coas decisións tomadas sen vontade algunha de negociar.

Tras a primeira xuntanza do xoves 8 contabamos que houbese unha segunda coa consellaría, ou polo menos se tomasen uns días para faceren un análise das nosas alegacións. Porén, o que nos atopamos foi que ao día seguinte, venres 9, a Dirección Xeral da Función Pública nos achega a documentación e convocatoria para unha Mesa Xeral de Negociación, sendo un dos puntos da orde do día a RPT de Cultura, e a documentación é exactamente a mesma que a do día previo. Logo, o noso traballo de preparación e alegacións non serviu absolutamente de nada.

A Mesa Xeral convocada o venres 9 tivo lugar o luns 12. Outra mostra de mala fe, pois mentres eles tiveron todo o tempo que lles veu en gana para preparar as cousas, o tempo que nos deixan aos sindicatos é o que voluntariamente restemos da vida persoal do fin de semana. Nestas condicións, e son plenamente conscientes, imposibilítanos facer en condición unha análise seria da proposta, ou tomar decisións colexiadamente.

Despois da Mesa Xeral do luns 12, chega o martes 13 e convocanos para o derradeiro paso no que definitivamente se aproba a proposta: a Comisión de Persoal, que será o xoves 15, día posterior á Folga Xeral do mércores 14, outra vez coa mesma documentación e so co día da Folga por medio. Resumindo: xoves 8, xuntanza previa; venres 9, convocatoria de Mesa Xeral; luns 12, Mesa Xeral; martes 13, convocatoria de Comisión de Persoal; mércores 14, Folga Xeral; xoves 15, Comisión de persoal. Mala fe !!

Indo ao fondo da proposta, por fin caíron da burra e se decataron de que non poden facer un concurso, neste caso de corpos especiais, sen antes facer a oportuna modificación dos postos que teñen pensado alterar. O cambio estrela é a provisión dos postos de dirección de arquivos, bibliotecas e museos que pasa de concurso a libre designación. Consideran os responsábeis políticos de cultura que estes postos teñen unha “especial responsabilidade”. Sáltanse até o acordo de criterios de libres designación pactado entre sindicatos e administración do ano 2007, acordo rachado unilateralmente pola administración e denunciado pola CIG. En todo caso, este tipo de postos non cumpren con ningún dos criterios incluídos.

Fachendosos, véndenos a creación das seccións de Pontevedra e Vigo, pero fano de segunda clase (nível 22) en clara desigualdade coas outras seccións da escala (todas de nível 25).

Sentímolo moito polos compañeiros A2 (nivel 16) destas escalas, pero pretenden deixarvos así ata que a situación económica mellore (ou sexa para a xubilación). Eso sí, o Secretario Xeral transmítevos todo o seu apoio moral e considera que estades “puteados”.

Para compensar esto último, abren as prazas de nivel (direccións, sección) aos grupos A1/A2, pero esto máis que ser unha promoción dos A2 (que o pode ser en casos moi concretos), o que fai e que tapa as vergoñas da Administración no tema da cobertura de postos (nada de listas, aquí se move a tixola, e os centros con prazas de menos nivel que se fodan), co que no futuro haberá centros case desfeitos a nível de persoal (do o mesmo que agora xa non anden sobrados). Incongruencia: dunha banda din que abren as dirección A1/A2 para favorecer a carreira profesional dos A2, pero por outro fan esas mesmas prazas LD.

Intuímos unha viraxe na política xeral de persoal: agora se a Administración vai ter problemas de rexime interno cun determinado colectivo/persoa, en troques de darlle saída ao tema concreto, nada,  cambiamos a provisión a “yo me lo cargo si me da problemas e non obedece” (LD), en vez de iniciar o procedemento administrativo que corresponda. Esto é, “matar moscas a cañonazos”.

Seguimos a agardar pola reforma total da área de Cultura que leva un ano no caixón. Claro, estamos nun momento que hai que agardar ao novo xefe, a ver se está de acordo coa modificación. Pero desto os traballadores non temos culpa. Se lles interesase a reforma, xa estaría feita fai tempo.

ÚLTIMA HORA: Na Comisión de Persoal do 15 de novembro aconteceu un novo xesto de desprezo, presentándonos 5 minutos antes de votar unha "xustificación funcional complementaria" da apertura de niveis 26 a LD. As 4 organizacións sindicais presentes votamos en contra. A proposta saiu aprobada en solitario cos votos maioritarios da Administración.

Outras novas recentes

Venres, 12 Abril 2024

Emendas da CIG ás leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais

Dende a CIG, e con ánimo de mellorar os textos dos proxectos de leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais, enviamos aos grupos parlamentares do Congreso as nosas achegas a estes documentos dentro da fase de emendas. Para nós estes textos son claramente mellorables porque poden chegar a limitar o ámbito de actuación e funcións de...
Xoves, 11 Abril 2024

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar incumpre a normativa de conciliación da vida familiar e laboral

O Consorcio introduce unha cláusula nas resolucións de reducións de xornada que impide que o persoal poida desfrutar do dereito á conciliación mentres non se cubra con persoal substituto a franxa horaria na que reduce a xornada. A CIG levamos anos denunciando a situación que se produce na concesións de reducións de xornada por conciliacións, incumprindo o artigo 37.7 do...
Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...