Novas por contido

Comunícanos Función Pública que en breve vaise celebrar a elección de destino das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectura técnica, convocado pola Orde do 27 de xullo de 2011 (DOG 28/07/2011)

Achéganos os que ofertarán para a dita elección de destino e dan un prazo para facer alegacións até o 23 de novembro.

Descargar listaxe de postos

NOTA: Os seguintes postos que aparecen na relación cos núms. 3 e 5, respectivamente vanse a retirar polos seguintes motivos:

  • MA.C99.10.000.27001.011: este posto está previsto a súa amortización e tampouco sairá no concurso.

  • MA.C99.10.000.36001.012: este posto está ocupado por funcionario interino con antigüidade anterior ao 01.01.2005 polo que tampouco saíra no concurso.

  • TR.A99.10.000.27001.030: este posto retírase porque vai pasar a formar parte das escalas de seguridade e saúde laboral creadas pola Lei 14/2007.


NOTA (27/11/2012): Función Pública comunica que decae da relación o seguinte posto por petición da CMATI dado que "se vai amortizar": MA.C99.10.000.15001.015


Outras novas recentes

Venres, 12 Abril 2024

Educación retira a axuda por discapacidade ao seu persoal funcionarizado

A Consellería de Educación, de xeito unilateral e sen previo aviso, retirou a axuda por persoa con discapacidade a cargo que o persoal funcionarizado tiña recoñecida en base ao V Convenio Colectivo da Xunta de Galiza. O persoal laboral ten dereito a unha axuda de 180 € mensuais cando ten ao cargo unha persoa con discapacidade e con ingresos inferiores ao SMI. En teoría ese...
Venres, 12 Abril 2024

Emendas da CIG ás leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais

Dende a CIG, e con ánimo de mellorar os textos dos proxectos de leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais, enviamos aos grupos parlamentares do Congreso as nosas achegas a estes documentos dentro da fase de emendas. Para nós estes textos son claramente mellorables porque poden chegar a limitar o ámbito de actuación e funcións de...
Venres, 12 Abril 2024

Recurso de reposición ao concurso ordinario de traslados de ciencias+enxeñarías+arquitectura

A CIG presentou un recurso de reposición á Resolución que convocou o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de escalas de enxeñarías, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias (administración especial). No recurso solicitamos unha relación das prazas que desapareceron do concurso, con información polo miudo de cada unha delas. Tamén da...