O xoves 22 de novembro tivemos unha xuntanza co Director Xeral da Función Pública coa intención de chegar a un acordo de carteleiras para todo o País, harmonizadas en todos os centros de traballo da Xunta de Galiza, con especial incidencia na Consellaría de Traballo. Na negociación estará presente persoal da Consellaría de Traballo, pero será a Dirección Xeral de Función Pública quen coordine. O posíbel acordo duraría até o 31 de decembro de 2015.

Pretenden negociar ao mesmo tempo o pago de domingos e festivos, xa que a súa intención é de pagar como compensación. O pagamento por estes conceptos tería efectos dende a implantación de carteleiras, esto é, dende finais de abril de 2012. Calculan que tocará a uns 600 € por traballador/a para o ano 2012, algo máis para o 2013, e a mesma cantidade para 2014 e 2015. O ano 2012 sería pagado no mes de febreiro de 2013.

A CIG-Autonómica está disposta a negociar unha carteleira harmonizada para todos os centros de traballo da Xunta de Galiza, aínda que pensamos que debe ser unha negociación única, non unida a ningunha outra.

Sobre a compensación de domingos e festivos, manifestámoslle que, tal e como maioritariamente dixeron os/as traballadores/as da Consellería de Traballo, a compensación debe ser en tempo de descanso, tal e como figura no convenio e si non queren acatalo o que teñen que facer e cumprir a Lei e pagar xa o que marca o RD 2001/1983.

Solicitamos que nos fagan chegar unha proposta por escrito, tanto sobre as carteleiras como sobre a copensación de festivos e domingos como paso previo a continuar a negociación. O Director Xeral dí que o máis axiña posible fará chegarnos un documento coas súas propostas.

Con data do 26 de novembro a Administración achega a primeira proposta de acordo. Descargar.

Con data do 26 de novembro a Administración achega a segunda proposta de acordo engadindo a proposta económica. Descargar.