O venres, 23 de novembro, achegounos a Administración a convocatoria para unha Comisión de Persoal extraordinaria na que se aprobará a convocatoria do concurso de corpos especiais da Xunta de Galiza, un concurso que non se sacaba desde 2004.

Coa dita convocatoria, achégasenos a listaxe de postos definitiva que deciden ofertar; tamén acompañan copia da sentenza na se basean para a exclusión de determinados postos da RPT da Consellaría de Medio Rural e do Mar.

Por outro lado, e con relación aos procesos selectivos pendentes de escalas de corpos especiais, Función Pública xa pediu a elaboración de temarios ás diferentes consellarías. Porén, dado o avanzado do trimestre, parece pouco probable que lles de tempo a sacar algunha convocatoria neste ano como se contemplaba no cronograma.

Descargar documentación