Novas por contido

O martes 27 de novembro tivo lugar na EGAP a Comisión de Persoal para aprobar a convocatoria do concurso de traslados de corpos especiais. Estaba o Director de Función Pública todo fachendoso porque ofertaba un concurso con 671 prazas. Contou ben as prazas ofertadas, máis non contou as prazas que non se ofertan, polos intereses particulares de cada consellería, que son máis de 200.

A pesares do voto desfavorábel de tódalas organizacións sindicais alí presentes, aprobouse este concurso. Un concurso que leva máis de 7 anos agardando, e a pesar de todo este tempo non saíu ben parado. A CIG votou en contra nesta Comisión de Persoal por sobrados motivos que agora enumeramos:

- Postos que se retiran do concurso ata a creación das novas escalas: de SEGURIDADE E SAÚDE, consellería de Traballo (Instituto de seguridade e saúde), e de INVESTIGACIÓN, consellería de medio rural (centro de investigación de Lourizán). A saber cándo se crean estas escalas, en 5, 10, 15 anos... Máis de 45 prazas que se eliminan dun concurso con escusas barateiras porque, de feito, no concurso de xerais 2010 saíron prazas do servizo de prevención co requisito dos masters de prevención e sen necesidade de agardar pola creación das ditas escalas.

- Postos eliminados por proposta de amortización das consellerías (uns 40 postos): Neste caso esiximos a FP pública que velas certificacións das consellerías conforme as prazas se amortiza. Ademais as ditas certificacións deben indicar non só o motivo da amortización senón tamén un prazo concreto e razoable para levalo a cabo. Se non conseguimos isto estas certificacións non son máis ca un pretextos para agochar prazas e logo ocupalas tralo concurso como acaba de pasar no vergoñento concurso de veterinarios.

- Prazas que están sen crear nas RPT: Denunciamos o feito de que unha morea de prazas non saen neste concurso por estar sen aprobar as RPT e, non obstante as prazas xa levan tempo dotadas orzamentariamente como é o caso do Parque das Illas Atlánticas: O parque xa hai tempo que foi transferido e a RPT segue sen facer. Por máis que preguntamos non conseguimos saber a causa.

Tamén denunciamos a deixadez, neste caso non de FP senón das distintas consellerías que teñen obriga de crear prazas por sentenza e non obstante non o fan como é o caso da Consellería de Cultura onde dende 2008 teñen unha sentenza que lles obriga a crear 3 prazas de arquiveiro

- Prazas afectadas pola DT 14ª Dlex. 1/2008 da LFP: As prazas ocupadas interinamente de forma ininterrompida dende antes de 1 de xaneiro de 2005 non poden saír no concurso. A FP entende que para que se cumpra a DT 14º o posto tiña que estar vacantes a 1 de xaneiro de 2005 e tivo que estar ocupado pola mesma persoa dende entón ata a actualidade. Pois ben a CIG non está de acordo con esta aplicación tan estrita da lei.

- Aínda máis escandaloso é o caso das xefaturas de distrito que por sentenza do ano 2008 lle obrigaba a Admón. a establecer o concurso como sistema de provisión para estas prazas que nas RPT estaban abertas a xeral/especial. Ben estas prazas non saíron no concurso de corpos xerais no 2010 porque naquel momento se entendeu que debían ser prazas de facultativos exclusivamente, de feito agora, unha sentenza do mes de febreiro deste ano así o establece. Vaia pois que mágoa! dende o 2010 non houbo tempo de modificar a RPT, e poñer estas prazas abertas só a Especial e agora non poden saír no concurso! Terán cara! serán capaces de darlle mil voltas e non executar a sentenza porque no fondo o que queren para estes postos son libres designacións.

- Das alegacións particulares as prazas que fomos introducindo no buzón de postos apenas un par delas foron atendidas.

- Respecto de 3 xubilacións que se produciron nos últimos meses, tampouco quixeron incorporar ao concurso as prazas que deixaron vacantes.

Xa para rematar comentar que na mesma Comisión de Persoal, FP puxo no noso coñecemento a antedita sentenza que lle obriga a modificar os 19 postos de xefaturas de distrito e outros 17 máis, todos da Consellería de medio rural. Pois ben, no canto de parar o concurso unhas semanas máis mentres se modifica a RPT, decide seguir adiante co concurso e obviamente excluir os anteditos postos.

POR TODO O EXPOSTO A CIG DEU O SEU VOTO DESFAVORÁBEL A ESTE FIASCO DE CONCURSO

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...
Venres, 12 Abril 2024

Recurso de reposición ao concurso ordinario de traslados de ciencias+enxeñarías+arquitectura

A CIG presentou un recurso de reposición á Resolución que convocou o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de escalas de enxeñarías, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias (administración especial). No recurso solicitamos unha relación das prazas que desapareceron do concurso, con información polo miudo de cada unha delas. Tamén da...
Xoves, 11 Abril 2024

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar incumpre a normativa de conciliación da vida familiar e laboral

O Consorcio introduce unha cláusula nas resolucións de reducións de xornada que impide que o persoal poida desfrutar do dereito á conciliación mentres non se cubra con persoal substituto a franxa horaria na que reduce a xornada. A CIG levamos anos denunciando a situación que se produce na concesións de reducións de xornada por conciliacións, incumprindo o artigo 37.7 do...