Se participaches na folga xeral do 14 de novembro xa terás recibido, ou estarás a piques de recibir, un escrito no que os responsábeis de persoal do teu centro comunícanche que ese día non estabas no chollo e por tanto che van descontar se non xustificas a ausencia.

Non tes ningunha obriga de asinar o escrito, tampouco pasa nada se o fas pois é un simple formulismo. Pero se queres podes comunicar expresamente que participaches na folga. Non hai ningún motivo para facelo, pero lle queda a un o corpo moi ben. Da o mesmo se xa asinaches ou non o papeliño dos de habilitación. Se che peta, podes presentar o presente escrito por rexistro (engádelle o destinatario no pe da folla e punto). Descargar.