A Xunta de Galiza acaba de publicar a orde de convocatoria do concurso de corpos especiais no DOG do luns 3 de decembro de 2012, podededes consultala aquí: Orde pola que se convoca o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración especial da Xunta de Galiza.

O modelo de solicitude estará á disposición de todos/as os/as que desexen participar no concurso na páxina web da Xunta de Galiza. As solicitude deberán presentarse dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no DOG ata o día 28 de decembro de 2012.

A CIG xa denunciou o pasado 27 de novembro pasado o fiasco que supón este concurso. Deixámosvos unha escolma dos motivos:

  • Retiráronse postos de traballo ata a creación de novas escalas

  • Elimináronse do concurso uns 40 postos por proposta de amartoziación das consellarías.

  • Hai moitas prazas que non se ofertan por estar sen aprobar as RPT

  • Prazas afectadas pola DT 14ª Dlex. 1/2008 da LFP

  • Non introducen os postos de xefe/a de distrito aínda que a xustiza obriga a súa cobertura polo procedemento de concurso.

  • Das alegacións particulares as prazas que fomos introducindo no buzón de postos apenas un par delas foron atendidas.

  • Respecto de 3 xubilacións que se produciron nos últimos meses, tampouco quixeron incorporar ao concurso as prazas que deixaron vacantes.