A Xunta de Persoal e o Comité de Empresa dos Servizos Centrais emitiron un comunicado no que indican que se suman á iniciativa de recollida de alimentos para a Cociña Económica e o Albergue de San Francisco en Compostela. Esta campaña foi inciada de xeito independente por un grupo de traballadoras e traballadoras da Axencia Galega de Infraestruturas. A data límite para a recollida é o venres, 14 de decembro.

Os órganos de representación fan un chamamento á solidaridade dos traballadores e traballadoras públicos e animan a participar nesta campaña. As persoas que queiran colaborar poden deixar a súa achega nos locais sindicais ou ben levalos directamente á unidade na que estan os compañeiros e compañeiras que tomaron esta iniciativa (entrando a man dereita, planta baixa do edificio dos espellos, San Caetano).

Os alimentos demandados son: LEITE, ACEITE, CAFÉ, CACAO, AZUCRE, MANTEIGA e MARMELADA (mellor en porcións individuais, por hixiene), CEREAIS, PASTAS, etc. e algo de TURRÓN para o Nadal.


A túa pequena aportación axudará aos que están sofrindo mais a crise. Colabora